24 de feb. de 2019

VII CONCURSO FOTOGRÁFICO ENTROIDO DE VERÍN: "FOTONTROIDO 2019"

Se eres alumno do IES Xesús Taboada Chivite participa no concurso de fotos "FOTONTROIDO 2019".
O tema a retratar é "O Entroido".
Gañadora Fotontroido 2018: "Legado de Paixón". Uxía Álvarez Nieves.
    Cada alumno enviará unha fotografía acompañada dun lema en galego relacionado coa imaxe,  xunto cos propios datos (nome, apelidos, curso e grupo) a concursoentroidoverín@gmail.com
    A organización poderá rexeitar fotografías ou textos que considere ofensivos ou inapropiados.

    A organización fará unha exposición coas fotografías e textos enviados no blog: http://normacigarron.blogspot.com.es/

    O prazo de admisión de imaxes é desde o 25 de febreiro ata o 11 de marzo de 2019. Que non se che pase!

    Podedes consultar as bases do concurso premendo na seguinte LIGAZÓN

    21 de feb. de 2019

    UNIDADE DIDÁCTICA "CANTARES GALLEGOS" DE CRISTINA CORRAL SOILÁN.


    Aproxímase o Día de Rosalía e queremos darvos a coñecer a unidade didáctica sobre os poemas de “Cantares gallegos”, realizada pola escritora e xornalista Cristina Corral Soilán, que foi profesora no noso centro.
    Podedes acceder a unidade didáctica premendo na seguinte LIGAZÓN

    19 de feb. de 2019

    9ª EDICIÓN DO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI 2019

    9ª Edición do Festival audiovisual escolar Olloboi terá lugar o venres 10 de maio. Podedes concursar con calquera traballo de videacreación que proceda do mundo escolar, con temática libre e duración preferiblemente inferior ós 20 minutos. Aceptarase un máximo de 8 pezas por centro. A data límite para presentar traballos será o 30 de abril.
    Podedes consultar as bases deste concurso premendo na seguinte LIGAZÓN

    14 de feb. de 2019

    O DÍA 8 DE MARZO, NO IES XESÚS TABOADA CHIVITE...


    LINGUA DE NAMORAR 2019

    Lingua de namorar é un certame en liña de mensaxes de amor en lingua galega convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos, o obxectivo principal destes premios é dinamizar o uso da lingua galega entre a xente nova nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
    Tes ata o 28 de febreiro para enviar ata dúas mensaxes de amor inéditas, cunha extensión máxima de 350 caracteres, en verso ou en prosa.
    Podes consultar as bases do concurso premendo na seguinte LIGAZÓN

    13 de feb. de 2019

    RALLY SEN FRONTEIRAS 2019

    As datas de realización das probas da edición do 2019 do Rally científico e matemático sen fronteiras son: o 12 de marzo para a proba en centros e o 5 de abril para a final galega na Facultade de Química de Santiago. Superfinal, en Toulouse, o 10 de maio.
    Se estás en 1º, 2º ou 3º da ESO, anima a sete compañeiros da clase e ao teu profesor de Matemáticas a participar.
    Se cursas 4º da ESO, podes elixir entre dúas modalidades: Matemáticas ou Ciencias. Fala cos  teus profes de Bioloxía e Xeoloxía, de Física e Química ou de Matemáticas, convence a sete compañeiros da clase e facede a inscrición.
    Podedes consultar as bases do concurso e que o voso profesor faga a inscrición, premendo na seguinte LIGAZÓN

    12 de feb. de 2019

    III PREMIOS YOUTUBEIR@S



    Os premios Youtubeir@s teñen como finalidade ser acicate da creación e difusión de vídeos de opinión e videotitoriais en galego. Procuran a súa promoción e visibilización a través da Rede así como o recoñecemento daqueles de maior creatividade, calidade técnica, eficiencia comunicativa e calidade lingüística.
    Podes consultar as bases do concurso, o xurado, así como a forma de incribirse, premendo na seguinte LIGAZÓN

    QUE É O AMOR PARA OS ALUMNOS DE 1º DA ESO?

    O amor é: perderse nun labirinto, camiñar xuntos da man, pureza, paixón, querer estar cunha persoa toda a vida, enamorarse todos os días da mesma persoa, mirar a esa persoa e que che produza sensación, arder como o lume, tremer de medo e felicidade, que che treman as pernas, anatomía, suicida, encontrar a unha persoa que te entenda e que te apoie, unha fervenza, morrer por unha persoa, eutanasia que non mata, incomprensible, respecto, compañía, alegría, etc.
    Varios alumnos de 1º da ESO deseñaron e montaron unha árbore cheíña de corazóns nun dos corredores do instituto, coa que quixeron amosarnos a súa visión sobre o sentimento do amor.

    8 de feb. de 2019

    A MULLER E A NENA NA CIENCIA.

    O vindeiro luns, 11 de febreiro, conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Desde o noso centro, queremos contribuir a concienciar a sociedade sobre o potencial das rapazas no ámbito científico e tecnolóxico a través dun debuxo abstracto, dun "collage" e dunha biografía realizados por alumnos de 3º e 4º ESO.

    O debuxo que aparece a continuación, cuxo título é: "Enerxía",  foi realizado por Aitana Arriba Pantaleón de 3º ESO A:

    O seguinte collage, titulado "Sen nós a ciencia non sería o mesmo", fíxoo Lorena Rodríguez González de 4 ESO C:

    Por último, Miguel Quintas Prada de 4º ESO C, escribiu a biografía de Olimpia Valencia, a primeira xinecóloga galega. Podedes ler o texto premendo na seguinte LIGAZÓN


    7 de feb. de 2019

    NOVA ENTREGA SOBRE "QUE DIN OS REFRÁNS SOBRE O VIÑO?"

    Nunha entrada anterior publicabamos varios vídeos, nos que se contextualizaban refráns sobre aspectos positivos e negativos asociados ao consumo de viño.
    Nesta ocasión, Candela Pérez e Sabela González de 2º ESO B utilizaron os seguintes refráns nos seus vídeos:

    " A quen bebe viño, chéiralle o fuciño"

    "Viño por fóra, viño por dentro curan os males nun momento"

    1 de feb. de 2019

    CONFIRMADO: OS GALEGOS TEÑEN A MAIOR PORCENTAXE EN ESPAÑA DE ADN DE ÁFRICA.

    Científicos de Santiago e Oxford publican en "Nature Communications" unha investigación sobre a distribución xenética das poboacións peninsulares.
    En marzo do ano pasado, un equipo de investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Oxford compartiron no repositorio BioRxiv unha versión previa dun traballo que espertou moito interese polas particularidades xenéticas que expoñía. A partir da análise de máis de 1.400 individuos de toda España demostrábase como as migracións foron moldeando os patróns xenéticos nos últimos mil anos. Un dos achados foi que Galicia amosaba unhas grandes porcentaxes de trazas de ADN africano, máis ca zonas máis próximas ao norte deste continente. A versión definitiva, publicada este venres en Nature Communications, confirma o avanzado o ano pasado. Ler máis