Amosando publicacións coa etiqueta COMPROMISOS ECOLÓXICOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COMPROMISOS ECOLÓXICOS. Amosar todas as publicacións

28 de xuño de 2021

ATOPA SAÚDE NOS BOSQUES GALEGOS


O alumnado de 1º ESO A invítanos a  desfrutar dos bosques galegos este verán para mellorar o noso estado de saúde.

21 de xuño de 2021

BUSCANDO A PAZ NOS NOSOS BOSQUES


O profesorado de bioloxía de 1º ESO animou ao seu alumnado a levar a cabo un proxecto para amosar o vínculo entre natureza e benestar para a nosa saúde, especialmente a nosa saúde emocional. Cada alumno tivo que gravar un fotograma de cinco segundos de duración relacionado co bosque e acompañalo dun audio no que reflexionou sobre o que os sons da natureza e a fermosura das árbores ou dos regatos lle facían sentir. Cos fotogramas de cada aula, montouse un vídeo. Este é o vídeo realizado por alumnado de 1º ESO B.

13 de xuño de 2021

"AS NOVAS", PROXECTO GALARDOADO CO PREMIO "ZAMBURRIDI" DO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI 2021

 

O proxecto "As novas", realizado por Marcos Gómez, Nerea García e Nuño Esteban, alumnado de 1º de bacharelato, no que sintetizan os principais tipos de contaminación aos que nos enfrontamos na Comarca de Verín, foi galardoado co premio "Zamburridi" na  X Edición do Festival de Cine Escolar Olloboi 2021.
Este traballo é en inglés con subtítulos en galego.
O sábado 12 de xuño tivo lugar en Boiro a gala de entrega de premios. Se queredes coñecer máis detalles sobre a cerimonia, premede nesta LIGAZÓN
Parabéns!!!

9 de xuño de 2021

GALLETAS XIANAS

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A


As galletas artesanais Xianas, que elabora e comercializa a empresa Silvans, reciben este nome por ser tradicionais da parroquia taboadesa de Xián (Lugo) onde se facían desde fai máis de cen anos. Antigamente cocíanse entre dúas pranchas de ferro,  cun mango longo que evitaba que a xente se queimara ao colocalas sobre a cociña de leña.

A receita que empregan , segue sendo a orixinal  e os ingredientes que utilizan na súa elaboración (manteiga de vaca, fariña de trigo, ovos e azucre)  son todos de calidade, como os ovos de galiñas en liberdade ou o azucre, que é integral de cana. Non engaden ningún tipo de conservante, colorante nin aditivo. Manteñen as galletas con sabor a manteiga de toda a vida e incorporaron outros novos coma o de améndoa, o de coco e o de café.

 As Xianas son unhas galletas redondas, de fino grosor, nas que a empresa quixo innovar, gravando nelas dezaoito motivos diferentes que fan referencia a nosa historia, cultura, patrimonio e natureza.


5 de xuño de 2021

SAÍDA AO RÍO TÁMEGA DO ALUMNADO DE 1º ESO

 

O luns 31 de maio, o alumnado de 1º ESO realizou unha saída ao río Támega. Esta actividade, enmarcada dentro do Proxecto Ríos, serviu para que  o alumnado coñecese e valorase a importancia do río como ecosistema e os valores naturais da súa contorna. Ademais, o alumnado obtivo unha primeira visión da utilidade da análise dos parámetros físicos, químicos e biolóxicos de cara a determinar a calidade das augas. A saída estivo dirixida por un membro da Asociación Ecoloxista ADEGA.




3 de xuño de 2021

DÍGOCHO EU SOBRE A NATUREZA

Alumnado de 1º ESO do IES Xesús Taboada Chivite de Verín realizan este Dígocho Eu sobre a natureza, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

30 de maio de 2021

APROVEITAMENTO FORESTAL: PRESENTE E PASADO.

O alumnado de 4º ESO, que cursa Bioloxía e Xeoloxía, gravou audios en grupos de tres, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, comparando os recursos que obtiñan do monte os nosos avós, cos que aproveitamos nós. A agricultura e a gandaría tradicionais estaban interconectadas e en equilibrio co monte.O monte reportaba máis beneficios e a súa explotación era máis sostible.


CONSERVAS TERRA DE BARONCELI

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A

Terra de Baronceli é un complexo gastronómico natural , tenda e fábrica de conservas situado en Vilaza, no Val de Monterrei.

Cultivan practicamente todo o que producen e cando precisan máis produtos ,mercan froitos seleccionados a pequenos agricultores , polo que a súa produción garante a máis alta calidade nas materias primas, libre de sementes transxénicas, pesticidas e metáis pesados . Para a elaboración das súas conservas, escollen e lavan a man froito a froito.

A empresa comercializa diferentes tipos de marmeladas, patés, fritadas e salsas, elaborados con produtos procedentes de agricultura orgánica.

No envasado non se emprega ningún tipo de aditivo químico nin conservantes artificais. Unhas gotiñas de limón, recén espremido, e unha coidada esterilización garanten todo o sabor e a completa seguridade do produto que chega as súas mans.

A empresa potencia a economía local, respectando o medio ambiente e as tradicións dos núcleos rurais de Galicia, resucitando formas ancestrais da nosa cultura culinaria.


28 de maio de 2021

ALUMNADO DE 2º BAC PUXO EN VALOR O MONTE COA TÉCNICA "ELEVATOR PICH"

Os alumnos e as alumnas de 2º BAC, que cursan "Imaxe e Son", realizaron catro vídeos empregando a técnica publicitaria "Elevator Pitch" para por en valor o monte galego (o seu patrimonio, a súa riqueza, a súa conservación, a flora, a fauna, os seus produtos, a vida no rural, as nosas aldeas, etc.),

Podedes velos premendo nas seguintes ligazóns:


25 de maio de 2021

"OS CONTAMINANTES QUE NOS RODEAN", PROXECTO FINALISTA DE OLLOBOI 2021.

 

O proxecto realizado por Marcos Gómez, Nerea García e Nuño Esteban, alumnado de 1º de bacharelato, no que sintetizan os principais tipos de contaminación aos que nos enfrontamos na Comarca de Verín, é finalista da X Edición do Festival de Cine Escolar Olloboi 2021.
Este traballo esta realizado en inglés con subtítulos en galego.
Parabéns rapaces!!!

17 de maio de 2021

PURES E CREMAS GALIFRESH

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A.


Galifresh é unha empresa viguesa especializada en purés de froitas e cremas de verduras que acadou o selo de Galicia Calidade,  co cal certifica tanto a orixe galega dos seus produtos coma da excelente materia prima coa que están elaborados.

A empresa ten como obxectivo satisfacer as necesidades dos distintos mercados dunha maneira san e equilibrada, facendo uso de ingredientes 100% naturais procedentes das mellores hortas, sen aditivos, conservantes nin colorantes e sen azucres engadidos, garantindo sempre a máxima calidade e seguridade alimentaria.

Os purés están elaborados con froita de alta calidade, seleccionada no seu punto óptimo de madurez e que é transformada mediante un proceso innovador que mantén intacto todo o seu sabor e textura. As cremas e sopas de verduras son feitas, así mesmo, cos mellores vexetais e cun toque de aceite extra virxe, posuindo ademais un baixo contido en sal e graxas saturadas.

A empresa ten outro valor engadido, xa que está comprometida socialmente e  fomenta a integración e inserción laboral de determinados colectivos  contando con máis do 80% do seu persoal con capacidades especiais, altamente formado.


24 de abr. de 2021

CAFÉS SABORA

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz


Cafés Sabora é unha empresa familiar, ubicada no Polígono de Montouto, preto de Santiago de Compostela (A Coruña), e que conta con máis de trinta anos de experiencia no tostado artesanal de cafés e descafeinados ecolóxicos.

O segredo deste produto é unha materia prima de primeira calidade e o tostado  e distribución diario, o que lle permite chegar ao consumidor ás poucas horas  e conservar todas as súas características. O café en grao provén de Colombia, Brasil e Uganda. O noventa por cento é arábica da mellor procedencia e o dez por cento restante,  pertence á  variedade robusta, cultivada en altura, é que está destinada aos cafés expresos.

Dende hai unha década a empresa apostou polo tostado de cafés ecolóxicos cen por cen, con tódolos selos de garantía do café orgánico, que xunto cos descafeinados á auga, permiten conservar todo o aroma e sabor nun proceso totalmente inócuo,  para o medio e para o café. Deste xeito , a empresa aposta polos valores tradicionais, conseguindo un produto de calidade e prestixio, sen renunciar ao respecto polo medio natural, tanto na produción coma no procesamento do café. 


CONVERSAS NO WHATSAPP SOBRE O MONTE VIVO

 A profesora de Bioloxía e Xeoloxía propúxolle ao alumnado de  4º ESO B que crease grupos de WhatsApp relacionados co monte.

En cada grupo debía haber un administrador e tiñan que debater sobre un tema relacionado co monte e posteriormente gravar un vídeo, que incluíse a conversa.

A continuación aparecen dous vídeos coas gravacións de dúas conversas: unha sobre os incendios e outra dunha especie en perigo de extinción, a pita de monte (Tetrao urogallus).


15 de abr. de 2021

Coñecemos o impacto ambiental do que comemos?

 


Esta é a pregunta coa que comezou a interesante charla impartida o día 9 de abril por María Jesús Sainz Osés, profesora do departamento de Produción Vexetal na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo e a que tivo oportunidade de asistir o alumnado de 4 de ESO.


11 de abr. de 2021

CHOCOLATE ESSENZO

 Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO


O chocolate Essenzo é made in Galicia, faise a man nun pequeno local na Coruña e resúmese en dous ingredientes (cacao e azucre) de catro orixes (Perú, Madagascar, Nicaragua e Ecuador). A alma desta doce proposta é o coruñés Guillermo  Villafañez, un emprendedor de 28 anos amante deste produto que decidiu probar sorte coa súa propia marca apostando polo denominado "bean to bar", é dicir, a elaboración cun proceso artesán desde o gran de cacao en pequenos lotes.
A idea xurdiu en 2018 cando traballaba nunha axencia de márketing dixital en Barcelona con grandes empresas de alimentación, en cuxo comportamento vía que primaban máis as campañas de publicidade e márketing que o produto, que adoitaba pasar a un segundo plano. "Sempre me gustou o chocolate e adoitaba comprar os de alta porcentaxe en cacao e de aí xurdiu  Essenzo", explica, unha iniciativa á que lle deu un empurrón un "coworking" organizado polo Instituto  Galego de Promoción Económica (Igape) en 2019 e que hoxe en día é toda unha realidade.

30 de xan. de 2021

MARUXAS DE NATA: UNHA DELICIA GALEGA

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO.


As Maruxas son galletas de nata tradicionais, ecolóxicas, e únicas, que se elaboran diariamente, seguindo unha receita moi antiga.

Utilízanse únicamente materias primas con selo ecolóxico, sin aditivos, nen conservantes e contan coa certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

Os únicos ingredientes que empregan son fariña de trigo, nata e azucre de cana, todo de cultivo ecolóxico, ademáis do cariño que poñen en cada fornada.

O seu exquisito sabor é posible grazas á excelente calidade dos seus produtos, sobre todo do leite,  que obteñen de vacas  que disfrutan dunha alimentación sa, exenta de produtos químicos e que pacen en liberdade nunha pequena granxa do Concello de San Sadurniño (A Coruña), nun precioso entorno rural. Dese leite sae esa nata tan natural, que precisa dun mínimo de 60% de materia graxa para a elaboración das Maruxas e que mesturada co resto dos ingredientes fan de cada galleta un pequeno tesouro.

As Maruxas foron premiadas, dentro e fóra de Galicia, recoñecéndoselle dese xeito, o seu exclusivo sabor e calidade, así como a recuperación da tradición no seu proceso e elaboración.


23 de xan. de 2021

OURO DE QUIROGA: UN ACEITE GALEGO ENTRE OS DEZ MELLORES DO MUNDO

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A.


“Ouro de Quiroga” é un aceite de oliva virxe extra, elaborado con olivas procedentes de oliveiras centenarias, situadas na comarca de Quiroga (Lugo). O clima da Ribeira Sacra, coas súas peculiaridades , é moi propicio para o seu cultivo aínda que se siga asociando coa zona mediterránea.

Este produto elabórase coas dúas únicas variedades autóctonas galegas: a brava e a mansa, nunha versión actualizada e industrial, dos muiños cos que os seus devanceiros elaboraban cada outono o seu propio aceite. A empresa conta cunha produción pequena , duns 2000 litros anuais, nos que priman a calidade por riba da cantidade..

Na súa elaboración séguese un exquisito coidado en tódalas  fases do proceso, cun constante respecto polo medio ambiente e aproveitando a sabedoría adquirida ao longo de varias xeracións, para que o aceite conserve tódalas súas propiedades e manteña o seu exquisito sabor.

É un aceite peculiar, cun amargor pronunciado e un toque final picante,  que o distingue. Estes motivos, entre outros, fixeron que “Ouro de Quiroga” fora recoñecido como un dos dez mellores aceites do mundo.


11 de xan. de 2021

GALICAO: O CACAO PURO

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A

Galicao é unha marca galega que converteu a Galicia no epicentro da fabricación dun cacao natural en po, que quere marcar distancia co cacao tradicional que se merca nas grandes superficies.
O produto é importado desde Cuba, Costa de Marfil ou Ghana e na súa fábrica de Coirós, na comarca de Betanzos ( A Coruña)  é transformado en po , xa que a súa forma inicial é a dunha torta dura. Chama a atención pola súa cor, máis clara do habitual e un cheiro menos intenso que o do cacao tradicional, algo que o responsable da marca achaca a non alcalinización do produto.
O cacao da marca Galicao é natural 100% e dicir, non está sometido a procesos químicos. Non ten azucres engadidos  e contén só un 16%  de materia graxa o que fai, que dentro do amargor do cacao natural puro,  sexa un pouco máis doce. É un produto moi san e con multitude de propiedades nutritivas que, ao non conter azucres,  se pode complementar con mel ou canela para dulcificalo.

7 de dec. de 2020

OS BENEFICIOS DO MEL

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A


Na  antigüidade , diferentes culturas como a exipcia incorporaron o mel nas máis diversas actividades relacionadas coa  saúde. Desde entón, o seu uso como  antibíotico ou como alimento mediciñal, foi tan popular en varios países, que chegou mesmo ata os nosos días.


Os beneficios probados do mel, son entre outros, os seguintes:

Contén unha gran cantidade de nutrientes saudables. No  néctar concéntranse os azucres ,  aminoácidos e minerais máis importantes das plantas. Unha vez expulsado polas abellas na colmea, o  néctar pasa por un proceso que o mellora.
É rica en antioxidantes. Entre eles cóntanse:  flavonoides,  fenoles, encimas e ácidos orgánicos similares, que son capaces de reducir o risco de ataques ao corazón,  embolias e algúns tipos de cancro.
É mellor que o azucre para os  diabéticos. Aínda que contén un alto nivel de glucosa, que pode elevar o azucre en sangue ,o seu consumo regular é máis recomendable para os  diabéticos que o azucre.
Os seus antioxidantes baixan a presión arterial. Aínda que os seus resultados respecto diso son bastante modestos polo que non se debe esquecer a práctica dun  exercicio físico regular.
Axuda a reducir o colesterol malo. Varios estudos demostraron resultados significativos respecto diso así como que aumenta o nivel de colesterol  HDL ou colesterol bo. Isto evita a  atereoesclerose , factor de risco en  embolias e ataques cardíacos.
Pode reducir os  triglicéridos. Substituír o azucre polo mel fai reducir substancialmente os seus niveis.
Os seus antioxidantes teñen moitos outros beneficios sobre a saúde cardiovascular. Axuda a dilatar as arterias, prevén a formación de  coágulos de sangue e protexe  ao corazón da tensión oxidativa.
Axuda a recuperar os hábitos de sono e a reducir a tose nos nenos.
Contribúe a curar queimaduras e lesións. As súas propiedades  antibacterianas e  antiinflamatorias, son de utilidade en tratamentos de lesións como o  herpes , a psoriase e a recuperación de lesións en xeral.


APOSTANDO POLA AGRICULTURA E A GANDARÍA ECOLÓXICA

 Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO.

Sabías que a facturación da agricultura e da gandaría ecolóxica en Galicia creceu un 42% no último ano?

Os  50 millóns de euros que facturou a comunidade galega aválano, e é que cada vez son máis os profesionais que deciden apostar polos cultivos ecolóxicos nesta terra. 

En base aos últimos estudos que manexa o sector da agricultura ecolóxica, o crecemento neste campo podería ser aínda maior nos vindieros anos.

Carnes, iogures, ovos… cada vez son máis os andeis dos supermercados que nos mostran produtos que portan unha etiqueta na que podemos ler: “produción ecolóxica”.

Seguramente ti mesmo puidéralo comprobar nunha das túas últimas visitas ao supermercado, verdade?

Como o seu propio nome indica, os alimentos de produción ecolóxica son aqueles que foron elaborados seguindo unha arte moi concreta: a agricultura ecolóxica.  Pero, que é realmente a agricultura ecolóxica?

É a arte agrícola que respecta o medio ambiente e conserva a fertilidade do chan mediante a utilización óptima dos recursos e sen uso de produtos químicos de sínteses.

En definitiva, é un sistema alternativo de produción agrícola que permite obter alimentos (de orixe animal e vexetal) da máxima calidade e libres de residuos químicos.