Seguen chegando as vosas recollidas da vendima, desta vez de Aarón Salgueiro e Miguel Pañeda, pero desta ides ter que vela no noso Facebook:
https://www.facebook.com/ofiadeirodalingua/?ref=pages_you_manage
O día 7 de abril, o alumnado de primeiro de bacharelato tivo a oportunidade de escoitar a conferencia “Xela Arias, o mundo escríbese con X”, a cargo de Víctor Freixanes, Presidente da Real Academia Galega e de Montse Pena Presas, profesora da USC e biógrafa de Xela Arias.Grazas a Biblioteca Pública Municipal de Verín por ofrecernos a posibilidade de participar.
Hoxe, luns 15 de marzo ás 12:00, tivo lugar o acto de clausura oficial por videoconferencia, do programa dos 21 Días co Galego e máis, no que tivemos a honra de poder participar.
Nel estiveron Valentín García Gómez (secretario xeral de Política Lingüística), Víctor F. Freixanes (presidente da Real Academia Galega), Pilar Ponte (coordinadora docente do programa), Roxelio García (coordinador técnico do programa) e tres dos centros participantes: IES Perdouro de Burela, o CPR A Inmaculada de Lugo e o IES Xesús Taboada Chivite.
Polo noso centro falaron o profesor Javier Rodríguez e tres alumnos de 1º ESO: Martina Dosantos, Ana Gago e David Regueiro, que leron un fermosísimo texto redactado polos profesores Isabel Cota e David Rodríguez.
Podedes ler o texto premendo na seguinte LIGAZÓN
Tamén podedes ver o vídeo no que aparecen os tres alumnos de 1º ESO lendo o texto, premendo na LIGAZÓN
O luns, no IES Taboada Chivite... Comezamos os... 21 DÍAS CO GALEGO E+!!!!!!!!!!
O acto de inaguración terá lugar ás 10:30 da mañá no salón de actos.
Se queredes ver o vídeo no que dous alumnos e dúas alumnas de 1º ESO B do centro nos convidan a participar no programa, premede nesta LIGAZÓN
O profesor, Javier Rodríguez, está montando no corredor que vai á biblioteca, unha exposición coas imaxes e as reflexións presentadas polo alumnado ao concurso "Chegando a Ítaca", durante o outono.
Queremos que esta exposición coincida coa participación do instituto no programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística "21 Días co Galego e +", xa que as persoas maiores e o galego son dous tesouros que debemos valorar e conservar.
Como este ano, dada a situación de alerta sanitaria que estamos vivindo, as familias non poden vir ao centro, fixemos este vídeo para que poidan vela de xeito virtual.
Ao mesmo tempo que van a pasando as imaxes, a profesora Isabel Cota, recita o poema traducido ao galego: "Ítaca", do poeta grego Kavafis, que lle da nome ao concurso.
Os gañadores do concurso fotográfico "Chegando a Ítaca" son:
1º premio: David Regueiro Fernández, 1º ESO B.
“A vida”: A fotografia
representa a paso da vida, dende a xuventude ata a vellez, os cambios que presentamos
co paso do tempo. As engurras representan sabedoría.
"As engurras"
Escollín está imaxe
debido a que dende pequena sempre me gustou comparar as engurras dos meus avós
cos pregos que están presentes na cortiza das árbores, xa que en ambos casos,
contra mais houbera, máis idade.
Esas rugosidades dinnos
máis do que cremos, se pensamos detidamente son as marcas dos que sufriron, dos
que se caeron e despois levantáronse.
Todo para continuar
loitando, para ter un bo futuro para eles mesmos e para a súa familia.
Non podemos deixar que
caia no esquecemento todo o que fixeron; é grazas a eles que estamos aquí.
Deberiamos escoitalos e
aprender deles, saben da vida moito máis que nós.
E para terminar, gozade
cada momento con eles porque chegará un día no que xa non estarán e o que
quedará entón serán as nosas lembranzas.
3º premio: Laura Dos Santos Gallego, 1º BAC A.
“Son coma un libro con
páxinas cheas de coñecemento”
Nun banco preto da
lareira dúas persoas con cabelos brancos,
son o coñecemento e a
sabiduría que todos nós obtemos,
eles son o cariño e
amor que todos necesitamos,
son o resumo dunha
vida enteira chea de experiencias
grazas as cales
sobrevivimos neste estraño mundo.
Quen son estás persoas? Os nosos avós.
A entrega de premios terá lugar o vindeiro día 21 de decembro, ás 11:20 na biblioteca do noso centro.
Parabéns aos premiados e moitas grazas a todos por participar!!!
No mes de febreiro realizarase unha exposición coas imaxes presentadas, coincidindo coa participación do instituto no programa 21 Días co Galego e +.
Este ano, a recollida de alimentos para Cáritas
Verín, levarémola a cabo con algúns cambios para garantir a seguridade.
Co fin de evitar que os produtos estean no
centro moito tempo o que podería ser un estorbo para a limpeza, só se poderán
traer alimentos e xoguetes os luns de cada semana, e deixarédelos na porta pola
que accededes ao centro:
A que está a carón do pavillón, a da zona da
mesa de pimpón e a porta principal. Haberá unhas caixas para deixar o que
traiades. Cada luns levarase a Cáritas o
recollido no día.
A recollida comezará o luns 30 de novembro e
continuará o 14 e o 21 de decembro.
Sexamos xenerosos e fagamos que este Nadal ninguén quede
sen poder celebrar.