Os alumnos e alumnas de Literatura Galega do século XX quixemos verbalizar os nosos sentimentos. Entre as moitas palabras que nos viñeron á mente, algunhas representaron mellor que outras ese convulso mar de emocións, por enérxicas unhas por pousadas e vagorosas outras. Entre elas destacaron "rodopío", "fuxidío", "ronsel" ou "efémero". A súa beleza cautivounos tanto, que as fomos enfiando en versos para que tamén vós sexades parte desta arañeira poética. Que a gocedes!
Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
22 de feb. de 2018
QUERIDA ROSALÍA POR CARMEN RIVERO
Este ano, imos conmemorar o día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, dun xeito moi especial, recitando un poema, escrito na súa honra, pola profesora de Ciencias Sociais do noso centro, Carmen Rivero.
No seguinte vídeo, gravado e editado polo profesor de Grego e coordinador TICS, Daniel García Cancio, aparece Carmen Rivero recitando, acompañada á guitarra por Francisco Jiménez Pérez, alumno de 1º ESO D, . Tamén están todos os alumnos de 1º ESO B, alzando nubes de cartolina. En cada nube está escrita unha destas marabillosas palabras da nosa lingua, escollidas por Carmen : cogomelo, xoaniña, larpeiro, andoriña, fervenza, feitizo, morriña, bolboreta, folerpa, lóstrego, bico, bágoa, axóuxere, berce, meigallo, luar, brétema, treboada, luscofusco e avelaíña.
Podedes ver o vídeo premendo nesta LIGAZÓN
A continuación aparece o fermoso poema adicado a nosa poeta máis universal:
Podedes ver o vídeo premendo nesta LIGAZÓN
A continuación aparece o fermoso poema adicado a nosa poeta máis universal:
Querida ROSALíA
(“ Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.” )
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.” )
Rosalía de Castro.
Cantares Gallegos-1852
Querida
Rosalía :
Onte vin nos ollos puros dunha nena,
un
tempo novo;
ao
escoitar dos seus beizos
este
falar meloso
e
puiden albiscar un futuro
preñado de esperanza,
que
sen ti,
quizais ficaría baleiro.
¿Como esquecer os teus versos?
Ese
amor a Galicia
que zumegan as túas letras,
asolagando
os ollos
e
encollendo as entrañas.
dos
que amamos esta terra.
¿Como non agradecerche
que
rescataras o noso idioma
para que brille con luz propia?
Cando
todo estaba escurecido
teimaches e teimaches en escribir
na lingua máis fermosa;
Ceibando camiños atuídos polas silvas
que afogaban no esquecemento,
a supervivencia
nosa.
¿Como non loarte , muller galega
que
viviches as penurias desta xente?
se
fuches quen de ser muller,
cando
daquela era unha eiva,
e aínda así facer poemas
escribindo
na lingua da pobreza.
¿Como non lembrar a túa andaina?
Se fixeches que mulleres coma ti ,
prenderan o facho que deixaches
honrando
o sexo feminino,
que
nin é segundo nin é débil;
e seguen a colocar pedras
construíndo
día a día
este país senlleiro .
¿Como non bendicir o
teu nome
desexando que sigas a facer o que ben sabes?
Dende
o infindo lugar onde te atopes,
non
deixes que a túa pluma se volva preguiceira
e
segue , segue, querida musa,
escribindo
palabras fermosas
nesta
lingua meiga.
Carmen Rivero Gallego .
Do Poemario “Berce de peliqueiros”.
21 de feb. de 2018
COMEZAN OS ENSAIOS DAS COREOGRAFÍAS DO MUSICAL A BELA E A BESTA.
Como vos diciamos nunha entrada anterior, o musical "A bela e a besta", que se representará o vindeiro curso, xa está en marcha. Unha vez traducidas ó galego todas as cancións, temos feitos xa dous decorados (podedes ver a foto dun deles, pendurado na aula de plástica, feito por alumnado de 1 Bac co profesor Javier Díaz) e a derradeira semana de febreiro comezamos co terceiro. Ademais, como podedes ver no cartaz, o vindeiro mércores comezan os ensaios das coreografías deseñadas por Iria Otero. Iria e o alumnado que se apunte a bailar comezarán a traballar na coreo do "Prólogo" (que se convertirá nun tráiler ) , os mércores de 17:00 a 18:00 e na coreo do "Ataque dos lobos", os mércores de 18:00 a 19:00.
20 de feb. de 2018
PARTICIPANTES EN FOTONTROIDO 2018
Xa están expostas as fotografías e os lemas dos participantes na VI edición do concurso fotográfico "Entroido de Verín".
Podedes visualizalos no blog NORMACIGARRÓN
18 de feb. de 2018
MARTA GIL, FRANCISCO FERNÁNDEZ E CELIA LÓPEZ NA ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "A MULLER E A NENA NA CIENCIA"
O venres 16 de febreiro, os tres alumnos do noso centro: Marta Gil, Francisco Fernández e Celia López, galardoados no concurso de debuxo e redacción "A MULLER E A NENA NA CIENCIA", acudiron ao edificio Politécnico do Campus de Ourense a recoller o seu premio. Ademais puideron participar, xunto con outros 300 escolares, nos experimentos da "I Xornada de Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas"
Se queredes ampliar a información, podedes consultar o artigo publicado no Diario da Universidade de Vigo premendo na seguinte LIGAZÓN
6 de feb. de 2018
NAMÓRATE EN GALEGO!
Aproxímase o día dos namorados e no Chivite, querémonos en galego.
Na entrada do instituto, ao lado de conserxería, nunha estrutura feita polo profesor Javier Rodríguez con canas de bambú, penduran corazóns con dedicatorias de amor escritas polos alumnos.
5 de feb. de 2018
OLLOBOI 2018. FESTIVAL AUDIOVISUAL ESCOLAR.
Desde hoxe e ata o 30 de abril podes inscribir a túa curta en Olloboi.com. Nesta páxina atoparás, ademais do formulario e bases desta edición, as curtas gañadoras de cursos pasados e interesantes recursos para elaborar a túa peza (actividades e charlas con profesionais en Aprendo con Olloboi).
Hai premios especiais para a categoría Peque e Plus18. Ademais, recoñecementos á mellor montaxe, interpretación, fotografía, guión, son e arte.
A entrega de premios terá lugar o venres 11 de maio dentro dos actos do Encontro Olloboi.
Inscríbete xa na paxina web de OLLOBOI!
AS MÁSCARAS E OS ANTEFACES DOS ALUMNOS DE 1º ESO
Os alumnos 1º ESO realizaron máscaras e antefaces de entroido coa súa profesora de Plástica Margarita García.
3 de feb. de 2018
VIAQUA E “LA VOZ DE GALICIA” CONVOCAN O IV CONCURSO “GALICIA, AUGA, LITERATURA E RAP”
Viaqua e La Voz de Galicia convocan unha nova edición do concurso enmarcado no Programa “Prensa-Escuela” co que, desde o curso 2014/2015, se destaca a presenza da auga nas grandes obras da literatura galega. Nesta IV edición, correspondente ao curso 2017/2018, o concurso formúlase baixo o título “Galicia, Auga, Literatura e Rap”.
O obxectivo é que os escolares de Galicia (de educación primaria e secundaria) dean a súa visión "a modo de rap" sobre pasaxes estelares ou momentos cumio das grandes obras da literatura galega nas que estea presente a auga. Con elo, preténdese contribuír a concienciar sobre o coidado do medio ambiente e da auga como recurso natural escaso.
A diferenza de edicións anteriores, neste concurso os alumnos, de xeito individual ou en grupos dun máximo de 4 alumnos, deberán elixir un poema ou relato entre os grandes clásicos da literatura galega que se atopen no dominio público, e gravarán un vídeo, desde calquera dispositivo, no que versionen a modo de rap o poema ou relato elixido.
Se vos animades a participar, podedes consultar as bases premendo nesta LIGAZÓN
1 de feb. de 2018
MARTA GIL E PAULA GAGO, DE 1º ESO, METEORÓLOGAS POR UN DÍA
Nos seguintes vídeos aparecen dúas alumnas de 1º ESO, Paula Gago e Marta Gil, predecindo o tempo atmosférico na clase de Bioloxía. Un bo xeito de aplicar os contidos impartidos pola súa profesora Rosario Romero.
A gravación e montaxe dos vídeos corresponde ao profesor Daniel García Cancio.
Marta Gil Pérez predice o Tempo from DANIEL GARCIA CANCIO on Vimeo.
Paula Gago Prieto from DANIEL GARCIA CANCIO on Vimeo.
A gravación e montaxe dos vídeos corresponde ao profesor Daniel García Cancio.
Marta Gil Pérez predice o Tempo from DANIEL GARCIA CANCIO on Vimeo.
Paula Gago Prieto from DANIEL GARCIA CANCIO on Vimeo.
TRES ALUMNOS DO CHIVITE PREMIADOS NO CONCURSO "A MULLER E A NENA NA CIENCIA"
Tres alumnos do centro foron galardoados no concurso de debuxo e redacción, organizado pola Universidade de Vigo, "A MULLER E A NENA NA CIENCIA". A entrega de premios terá lugar o venres 16 de febreiro, entre as once e as doce da mañá, no Campus de Ourense.
Os premiados son:
- 1º premio de redacción: Francisco Fernández Rodríguez de 3º ESO con "Sophie Germanie".
- 2º premio de redacción: Marta Gil Pérez de 1º ESO con "Como descubrín a ciencia".
- 2º premio de debuxo: Celia Mª López Álvarez de 3º ESO con "As mulleres na ciencia".
Os premiados son:
- 1º premio de redacción: Francisco Fernández Rodríguez de 3º ESO con "Sophie Germanie".
- 2º premio de redacción: Marta Gil Pérez de 1º ESO con "Como descubrín a ciencia".
- 2º premio de debuxo: Celia Mª López Álvarez de 3º ESO con "As mulleres na ciencia".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)