30 de abr. de 2025

Encontro co IES do Ribeiro






 Despois do proxecto desenvolto ó longo deste curso, damos por rematado o mesmo.cunha excursión ó IES do Ribeiro, onde celebramos o día da Revolución dos cravos, onde nos explicaron toda a oferta educativa do seu centro, os servizos da vila e onde fixemos un percorrido por todo o seu patrimonio que non é pouco, salientando os tres puntos que nos unen:

-Dúas vilas fronteirizas

-Dúas vilas que conservan o seu castelo medieval

-Dúas zonas vitivinícolas importantes.


24 de abr. de 2025

Día do libro

 Onte, e toda a semana celebramos o Día do libro:

Se che apetece algo.doce

Se estás de baixón

Se queres aprender

Se queres fuxir da realidade

Hai un libro para todo!






23 de abr. de 2025

Os maios

 Volvemos das vacacións e entramos xa na época dos Maios, entre outras cantas actividades, deixámosvos as coplas que estivemos facendo en 1 e 2ESO.




8 de abr. de 2025

Día do pobo xitano

 Hoxe celebramos en todo o centro o Día do pobo xitano coas actividades propostas dende a Biblioteca e o Departamento de Orientación.



3 de abr. de 2025

Proxecto: Estou ben mantido/a?





Durante a segunda avaliación en 1ºESO desenvolvemos o proxecto: 

Estou ben mantido/a?

 

  1. Reflexionando inicialmente sobre a alimentación dos nosos avós e avoas, facéndolle entrevistas sobre que alimentos eran os que consumían, que almorzaban habitualmente, que levaban para a escola, que lambetadas había na época ou cando comían fóra. 
  2. Rexistramos como é a nosa alimentación: como almorzamos, que traemos para a escola, que comemos habitualmente no xantar e que lambonadas nos gustan máis.
  3. Analizamos se o noso hábito alimenticio é o axeitado e miramos cales son os ingredientes das lambonadas que comemos.
  4. Agora temos que coñecer todos os vexetais  e os seus nomes que consumimos habitualmente e asocialos á súa tempada para ter unha alimentación sostible, de tempada.
  5. E coñecemos tamén os tipos de peixe e o seu nome en galego.
  6. Finalmente xestionamos a compra, canto nos custa comer saudable?
  7.  





  8.