25 de xuño de 2020

CIENCIA NA CASA: A VISTA


Con esta experiencia, Judith García Pereira de 1º BAC A, indícanos como podemos determinar a distancia focal media e identificar cal é o noso ollo dominante. Ademais, explícanos mediante exemplos en que consiste a percepción visual.
Para visualizar esta práctica, preme nesta LIGAZÓN

CIENCIA NA COCIÑA: DESNATURALIZANDO PROTEÍNAS.


Nesta práctica, o obxectivo da alumna de 1º BAC, Sheila Prieto Estévez, foi observar a desnaturalización que sofren as proteínas da clara do ovo e do leite ao engadirlles alcol ou ácidos respectivamente.
Para visualizar a súa presentación, preme na seguinte LIGAZÓN

13 de xuño de 2020

A GRAN AMIZADE ENTRE UNHA ZAPATILLA E UN CALCETÍN



Hyba Karym e Lúa Rodríguez, dúas pequenas de 1º ESO, quixeron pórlle voz a un calcetín e a un zapato, porque...quen che di a ti que aínda que non os oiamos estes obxectos non poidan chegar a falar??? Pois non imaxinas a de cousas que poden dicirse. Para comprobalo, le e escoita este singular diálogo. 
Se desde o móbil tedes problemas para ver o vídeo, premede na seguinte LIGAZÓN

12 de xuño de 2020

OS SONS DO MONTE




Profes e alumnos quixeron render un tributo á fermosura do monte galego e á riqueza dos seus sons. Con esa finalidade, recitaron varios poemas de Manuel María, Uxío Novoneyra e Celso Emilio Ferreiro, e facer así un percorrido por algúns elementos dese impresionante espazo natural, un medio que debemos preservar e coidar, pois é o mellor agasallo que a natureza nos pode dar, e o mellor legado que deixaremos en herdanza ás vindeiras xeracións. Por un MONTE VIVO!!!🌳🌳🌷🌷🐺🐗
(Traballo enmarcado no Proxecta "O monte vivo" concedido ao IES Taboada Chivite no curso 2019-2020)
Se tes problemas para ver o vídeo no móbil, preme na seguinte LIGAZÓN

10 de xuño de 2020

MARGARITA SALAS E MARÍA BLASCO, PIONEIRAS DA BIOLOXÍA MOLECULAR EN ESPAÑA


María Pérez Luis e Lorena Rodríguez, alumnas de 1º BAC B, investigaron a dúas bioquímicas españolas excepcionais, que conseguiron grandes logros no campo da Bioloxía Molecular: Margarita Salas e María Blasco.
Margarita Salas, que  foi discípula de Severo Ochoa e faleceu no mes de novembro de 2019 , descubriu o enzima ADN polimerase producida polo virus bacteriano Phi29, que permite amplificar o ADN a partir de mostras moi pequenas.
María Blasco, que foi discípula de Margarita Salas e de Carol Greider (premio Nobel de Medicina no ano 2009), está especializada nos telómeros e na telomerase. Ademáis, é directora do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas.
Para coñecer as fascinantes vidas destas dúas científicas, que tiveron que realizar un esforzo moi grande para alcanzar as súas metas, debido a que foron discriminadas polo seu xénero e foi posta en dúbida a súa
capacidade no ámbito científico, consultade o proxecto realizado por María e Lorena, premendo na seguinte LIGAZÓN

O TRANSPLANTE DE FECES, MITO OU REALIDADE?


Manuel Oliveira, Alberto Orbán e Ángel Rodicio, alumnos de 1º BAC A, investigaron no seu proxecto, se o transplante de feces é un mito ou unha realidade?
Se che interesa coñecer a resposta a esta cuestión, consulta o traballo destes alumnos na seguinte LIGAZÓN

8 de xuño de 2020

BIOGRAFÍAS DAS BIÓLOGAS QUE IDENTIFICARON A TELOMERASE, O ENZIMA DA ETERNA XUVENTUDE


Grazas ao proxecto de investigación realizado por Sheila Alves, Esther Canado e Aleia González  de 1º BAC A, podes  coñecer as biografías de Elisabeth Blackburn e da súa discípula Carol Greider, dúas biólogas que foron galardoadas co Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía no ano 2009, pola súa descrición molecular dos telómeros e a identificación do enzima telomerase.
Podedes ler o traballo destas alumnas, premendo na seguinte LIGAZÓN
Neste vídeo curto de TVE, unha bioquímica española excepcional, María Blasco, discípula de Margarita Salas, explica dun xeito sinxelo que son os telomeros e a telomerasa.
Para ver o vídeo, premede na seguinte LIGAZÓN

MECANISMOS DE DEFENSA NAS PLANTAS


Os alumnos de bacharelato, Francisco Fernández Rodríguez e Daniel González Abuín, explícannos no seu proxecto de investigación, os mecanismos de defensa cos que contan as plantas para enfrontarse a outras plantas, aos patóxenos e aos depredadores.
Para ler o seu traballo, premede na seguinte LIGAZÓN

6 de xuño de 2020

CIENCIA NA CASA: DISECCIÓN DUNHA COXA DE POLO


Helena Rivero Ferreira e Lorena Rodríguez González, alumnas de 1º de bacharelato, explícannos desde a súa casa a disección dunha coxa de polo, para estudar os ósos, os músculos e os tendóns da mesma,  como modelo da nosa perna, a través dunha presentación e dun vídeo respectivamente.
A proposta inicial era que diseccionasen a pata completa, pero tiveron que conformarse coa coxa, xa que a pata completa non estaba dispoñible no mercado. 


Para ver a presentación, premede na seguinte LIGAZÓN


Se desde o móbil, tedes problemas para ver o vídeo realizado por Lorena, premede nesta LIGAZÓN



5 de xuño de 2020

OS RETOS ECOLÓXICOS DO CHIVITE. FAGAMOS DESTE MUNDO UN VERXEL.


Hoxe, 5 de xuño de 2020, queremos conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, con este vídeo no que aparecen os seis retos ecolóxicos que asumiu a comunidade educativa do Chivite neste curso: aproveitamento e compra responsable, menos lixo, ocio sen consumo, reduce as emisións de gases de efecto invernadoiro, menos plásticos, así como, reutiliza e recicla a roupa vella. Aprendamos da crise provocada polo Covid-19, desenvolvemento sostible e protección do medio ambiente, constitúen a mellor defensa fronte a futuras pandemias. Grazas a todos e todas por buscar como facer deste mundo un verxel!!!