30 de abr. de 2013

LETRAS GALEGAS 2013


Esquecéronse de que ata a uns actores de talento dubidoso e de oficio incauto lles asiste, cando lles peta, o privilexio de facer o pallaso
Caprice des Dieux (1985)

http://coordinadoraendl.org/letras2013/

22 de abr. de 2013

CONTACONTOS GALEGO INGLÉS


O pasado 18 de abril Tim Bowley en inglés e Charo Pita en galego, ofrecéronlles aos alumnos de 1º e 2º da ESO contos de todo o mundo dende Escocia ata África


Paula Martínez de 1º da ESO resume así o conto que máis lle gustou.

Unha rapaza china moi pobre quería casar co rei. O rei fixo un anuncio para todas as rapazas do país, para que acudisen a palacio para elexir a nova raíña. O rei deulle unha maceta a cada unha cunha semente. A dona da flor máis fermosa casaría con el.
Pasou o tempo e da semente non naceu nada. O resto e rapazas tiñan flores preciosas, pero o rei elexiu para casar con el a rapaza pobre. Fóra a única rapaza do reino que levara a semente sen nacer porque era estéril. O rei quixoa porque a flor máis fermosa é a honestidade.

15 de abr. de 2013

VOTA!!!!! ELIXE AOS GAÑADORES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO ENTROIDO 2013


Elixe a túa fotografía favorita

Comenta a fotografía que máis che guste en COMENTARIOS.

Tes de prazo ata o 30 de abril



TÍTULO: BANDOLERAS.COM AUTOR: ANDUSKIÑA


TÍTULO: QUÉROTE AUTOR: CHORIMA


TÍTULO: LIVIANOS RECORDOS TRAS O VALADO DA MEMORIA AUTOR: O INVERNO


TÍTULO: FOGAR DE HISTORIA AUTOR: BRÉTEMA


TÍTULO: DESPECE DE CIGARRÓN AUTOR: CHIMPÍN


TÍTULO: PALLASAS AUTOR: ANDUSKIÑA


TÍTULO: O ENTROIDO, UN SENTIMENTO AUTOR: CERVANTES

10 de abr. de 2013

OPS!! Línguas irmãs, un pequeno encontro.



O portugués é unha das linguas máis faladas e estendidas do mundo. Malia que os prexuízos afondan tanto nesta, coma na súa lingua irmá, o galego, o certo é que na realidade preséntase como a lingua materna de 176 millóns de persoas e distribúese xeograficamente por unha morea de países, dende Brasil ata Timor Oriental, ao Sueste de Asia.
Datos tan curiosos coma estes foron os que nos facilitaron o Venres 22 de Marzo no Salón de Actos, nunha entretida exposición sobre o noso idioma veciño. A finalidade era amosarnos o gran adianto que supón para nós o galego, tan parecido ao portugués que nos permite comunicarnos con gran parte da poboación mundial. Para demostralo, tivemos que ler diferentes frases e ata escoitamos unha canción para completar palabras, onde a maioría acertamos máis da metade.
Puidemos comprobar a cantidade de personaxes famosas que son portuguesas ou teñen relación con esta lingua e comentamos anécdotas de xente que estando noutros países puido comunicarse empregando o galego, tan semellante ao portugués, que ata un propio falante non foi capaz de distinguilo.
O saber non ocupa lugar, e coñecer idiomas sempre nos abrirá máis portas e nos permitirá avanzar máis lonxe. Ao mellor non valoramos como se merece as posibilidades que nos ofrecen e esta é a mentalidade que deberiamos cambiar. Con charlas como as do outro día ábrense un pouco máis os ollos para ver máis aló do que nun principio cremos.

Carla Guerra González 4º ESO B

2 de abr. de 2013

FINALISTAS DO RALLY MATEMÁTICO

Os alumnos de 3º da ESO dirixidos polo profesor Carlos Ferreiro veñen de clasificarse para a final do Rally matemático organizado por IGACIENCIA. PARABÉNS!!!!

A prol da Ciencia Galega e do Galego na Ciencia