Preme aquí e accederás a difusión que do noso Kumbarikira fai a Secretaría Xeral de Política Lingüística
Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
28 de feb. de 2015
25 de feb. de 2015
SADAKO E AS MIL GRÚAS DE PAPEL DE ELEANOR COERR
Este libro cóntanos unha historia real,a
historia da vida de Sadako.
Sadako era unha nena xaponesa que vivía en
Hiroshima, ela tiña dous anos cando os Estados Unidos lanzaron a bomba atómica,
que causou miles de mortes e moitos enfermos como causa das radiacións. Dez
anos despois, Sadako comezou a enfermar e decatáronse de que tiña leucemia como
causa das radiacións daquela bomba. Cando estaba no hospital , a súa amiga
Chizuko contoulle a historia das mil grúas de papel. A historia dicía que se
unha persoa facía mil grúas de papel, os deuses escoitaban a súa pregaria e sandaba.
Chizuko deulle a primeira e Sadako seguiunas facendo ata o seu fin,pero
desgraciadamente non puido rematalas.
A min este libro gustoume moito porque reflexa
a verdadeira amizade entre dúas amigas e porque nel tamén se ve como a persoa
enferma é a que saca forzas para axudar a familia e que non se derruben.
Eu recomendaríalle este libro as persoas que
non se ven capaces de afrontar un problema porque lles faría cambiar de
opinión. Tamén llo recomendo as persoas que lles interese a historia de
Sadako,porque aínda que foi unha nena que morreu con 12 anos, ela deixou unha
pegada moi grande na historia e por iso ten unha estatua no parque da Paz en
Hiroshima.
Alicia Paz Martínez 3º ESO B
24 de feb. de 2015
23 de feb. de 2015
O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS DE MARCOS CALVEIRO
Libro no que se conta a historia dun adolescente problemático
(non se da a coñecer o seu nome) que reside en París coa súa nai e que é
enviado a pasar unha tempada coa súa tía Jojo á aburrida vila rural de Auvers. Durante este tempo coñece ao
dono da pousada, a súa filla (Adeline), e a un
pintor chamado Vicent do que se fai amigo e axudante inseparable e o
acompaña polas paraxes dos arredores da vila para pintar.
O adolescente
namórase de Adeline , e vense ás agachadas, Vicent namorase pero non
é correspondido. Polo que Vicent é
infeliz. Cada día vólvese máis alcohólico e recorre ao asente para afastarse e
evadirse do mundo. Finalmente Vicent foxe ao bosque e dispárase no estómago,
pero durante os tres días que dura a súa agonía está arroupado en todo momento
polo seu axudante, Adeline e o
seu pai, o seu irmán Theo e o doutor Gachet.
Despois da morte do seu amigo, o adolescente abandona a vila no mesmo tren que chegou dous meses antes, tras ver que súa nai non volve.
Despois da morte do seu amigo, o adolescente abandona a vila no mesmo tren que chegou dous meses antes, tras ver que súa nai non volve.
OPINIÓN PERSOAL:
Sinceramente gustoume
moito porque é un libro que te incita a seguir léndoo, enganchado ao que o
libro conta. Gustoume moito tamén pola amizade do rapaz con Vicent, e polos
consellos que Vicent lle daba ao protagonista. O final non me gustou moito xa
que o pintor falece.
Ana Carnero Rivera de 3º ESO B
20 de feb. de 2015
RÚA CARBÓN DE MARILAR ALEIXANDRE
A alumna Noemí Danta Diz de 3º ESO B tamén recomenda que leades o libro "Rúa de carbón", que presentou nesta sección Saioa Zozaya de 3º ESO C no mes de novembro.
Rúa Carbón é un libro narrado por Paula, a protagonista da historia, que vive en Vigo coa súa nai, o seu padrasto e a súa media irmá.
Ela xa sabe que o seu pai morreu antes de que ela nacera pero o que non sabe é que morrera colocando unha bomba de ETA. A súa nai decide contarllo antes de que ela se vaia de vacacións ao País Vasco onde viven a súas avoas e onde descubrirá coa axuda de Martín, un veciño da súa avoa, moitas cousas sobre o pasado dos seus pais.
Eu recomendolle este libro a calquera persoa, para aprender máis cousas sobre un gran problema vivido en España fai uns anos como foi a banda terrorista ETA.
19 de feb. de 2015
LINGUA DE NAMORAR 2015
Os que participastes na nosa actividade Quere en Galego podedes aproveitar as vosas mensaxes para concursasr en Lingua de Namorar. Tendes de prazo ata o domingo. Participa aquí
14 de feb. de 2015
12 de feb. de 2015
VI OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA
O noso alumnado de 1º de Bach acompañados por Guiomar Vázquez e Javier Rodríguez desprazáronse onte a Ourense para particpar na VI Olimpíada de Xeoloxía
11 de feb. de 2015
VISITA A USC
Mércores 4 de febreiro, ás oito da mañá, os
alumnos de segundo de bacharelato dispoñémonos a vivir a nosa primeira
experiencia universitaria, ou preuniversitaria máis ben. Co destino fixo en
Santiago dous autocares cheos de dúbidas arrancaron desde o Taboada Chivite. O
obxectivo era realizar unha pequena visita guiada polas facultades de interese
para os alumnos en pequenos grupos. Deste xeito, cada un de nós recorrería as
facultades máis acordes aos gustos persoais de cadaquén.
Unha vez na capital, as nosas preferencias leváronnos
ou ben ao campus Sur (Bioloxía, Farmacia, Matemáticas, Física, Química,
Dereito, Psicoloxía, Informática...) ou ao Norte (Medicina, Enfermaría, Filoloxías,
Ciencias da Comunicación, Audiovisuais, Económicas, ADE, Historia...).
As mostras atopábanse fragmentadas en
diferentes rutas que poderían englobar dúas ou ata tres graos diferentes. En
cada unha das facultades que visitabamos, amosábansenos as instalacións propias
da facultade ou anexas a esta e ofrecíasenos información de cada carreira (polo
menos na maioría delas).
Boa parte dos alumnos de Bioloxía tivemos tamén
a oportunidade de visitar o C.A.C.T.U.S., un centro científico dedicado á
investigación da natureza dos materiais. Neste edificio puidemos entender
grazas ás amables explicacións ofrecidas o funcionamento dun microscópico
electrónico, un espectrómetro de masas, o comportamento dos superconductores...
Unha das partes máis abraiantes da xornada sen lugar a dúbidas na miña opinión.
Por suposto, puidemos tamén gozar do exquisito
e económico menú que a Facultade de Matemáticas nos brindou, de interese turístico
igual ou maior ca o da Catedral e mailo casco vello.
Un dos valores máis grandes que unha saída
coma esta pode aportar aos por natureza indecisos alumnos de segundo de
bacharelato non é (que tamén) o feito de comezar a dirixir as nosas intencións
de futuro a un punto concreto, senón experimentar tamén de primeira man a vida
e o ambiente universitario, relacionarnos con alumnos máis adiantados ca nós
que nos poden explicar e aconsellar acerca do que dentro dun ano (con algo de
sorte) nos espera a unha gran maioría de nós.
As impresións, polo xeral, foron en boa parte
positivas. É importante ter a oportunidade de comprobar como é a universidade
desde dentro, saber que podes esperar nun futuro próximo e non levarte
sorpresas con ningunha facultade que aguanta en pé pese a todo pronóstico (quen
dixo Enfermería?).
Trala visita de interese puramente académico,
tivemos boa parte da xornada para poder coñecer e visitar a cidade de Santiago
e o seu atractivo casco vello, coas detalladas explicacións dos sempre atentos
Eloi e Juan, ou, para os menos interesados, a oportunidade de nos relaxar en
calquera esquina da cidade.
Como conclusión, desde o meu punto de vista
persoal, coido que saídas coma estas son fundamentais para axudar a orientar as
atolondradas cabeciñas dos que sufrimos segundo de bacharelato. Poucos son os
afortunados que teñen un futuro claro, pero para a maioría na que me inclúo, o
feito de poder observar o que cada carreira no ofrece ten un valor xigantesco
para axudarnos a decidir de forma axeitada os nosos
futuros.
Nayim González Rodríguez de 2º BAC B
10 de feb. de 2015
QUERE EN GALEGO
Quizá che soe a sorpresa recibir
noticias miñas, ou poida que ata nunca chegues a saber da existencia destas
liñas: o temor sempre me gaña o pulso. Pero non por iso vou deixar pasar a
oportunidade de viaxar a aqueles pasados días que pasamos xuntos; a aquel
verán, con cheiro a salitre e follas secas como recordo, con antigos álbumes de
fotos como único recordo.
Onte, vin a lúa reflectirse sobre o
lago onde adoitabamos bañarnos, e os grillos que fixeron de orquesta para os
nosos encontros nocturnos. Vino, escoiteino, e recordei moitas cousas que me
acariñaron como tímidos raios de sol que tanto me gustan. Así, descubrín o
moito que me gustaba o teu suave pelo, e de como o añoraba. Tamén me gustaba
demasiado o teu sorriso, tanto, que afacía perfilala sobre páxinas en branco.
Enchín cadernos, cartafois, armarios; co único tesouro do teu sorriso plasmado
nelas. Tamén me gustaban os teus ollos, ligeramente rasgados, da cor do trigo
estival que tanto me gustaba. Cando rías, oh, cando rías! O meu mundo
iluminábase completamente, e o seu doce son acompañábame como unha nana todas
as noites. Tamén recordo como afacía perderme entre os lunares das túas costas,
buscando a Orión, ou á grandísima Osa Maior, e ás veces, en segredo, sentíame
astronauta cando viaxaba contigo á lúa. E as túas mans, malditas sexan as túas
mans! Encaixaban perfectamente coas miñas, pequenas en comparación coas dúas
estrelas do ceo que para min eran as túas; e por iso, e pola gran tolemia que
teño, aspiraba a coller esas estrelas coas miñas mans. Agora podes ver que me
encantaba todo de ti, todo, dun xeito demasiado grande; tiña sentimentos que
non me entraban no peito, como bandadas de paxaros que pugnaban por saír libres
da súa gaiola. E eu quería, xúrocho, quería deixalos saír e ver como voaban aos
teus brazos, para atopar un fogar sobre o seu peito. Pero tiña medo, moito
medo; a non ter alí, na impecable textura da túa pel, un fogar para acollerme a
min. Agora seino, sei demasiado ben que tiñas unha habitación para min,
amueblada e decorada para acollernos aos dous, e que se quedou baleira,
esnaquizada, afundida. Puiden coller as chaves para entrar nela, pero
deslizáronse sobre a palma da miña man, rabuñando con saña a miña pel, e
deixaron feridas que xa non sei si poderanse curar.
Ana Manso de 3º ESO C
Ti? Si, ti. A ver, eu non creo moito nestas merdas de San Valentín, pero parecinme un bo pretexto para escribirche. E velaquí o meu problema, non son bo escribindo e probablemente noutras moitas cousas tampouco, pero algo que si se me dá ben é saber que es preciosa, e recordalo todos os días.
Sería moi atrevido dicir que me gusta todo de ti?
Estou convencido que a maioría das decisións que tomei na miña vida, son boas, e ti es unha delas. Pero a pesar de que ás veces me fas os días un pouco duros, os días non serían días sen ti
Gonzalo García de 3º ESO A
9 de feb. de 2015
QUERÉMONOS EN GALEGO
“E ti, qué sabes do amor?”
Eu sabíao a el de memoria.
Aínda que o intentaba non podía.
Recorrendo cada unha das súas curvas, pensando en subir de marcha e pé dereito a fondo. Derrapando en cada unha das súas xa memorizadas curvas.
Que hai amores de vertixe, e ao descender, el e mais eu, e a adrenalina recorrendo o noso corpo. E que tiña prohibidas certas cousas, pero a el gustáballe saltarse as regras e pasarse do límite de velocidade; pé no acelerador e para adiante.
E así tornámonos en tolos buscando vernos a deshora, no sitio, á hora e coa escusa de sempre para fuxir baixo a choiva ao noso recuncho.
E despois de todo, para min amor es ti.
AM.
Eu sabíao a el de memoria.
Aínda que o intentaba non podía.
Recorrendo cada unha das súas curvas, pensando en subir de marcha e pé dereito a fondo. Derrapando en cada unha das súas xa memorizadas curvas.
Que hai amores de vertixe, e ao descender, el e mais eu, e a adrenalina recorrendo o noso corpo. E que tiña prohibidas certas cousas, pero a el gustáballe saltarse as regras e pasarse do límite de velocidade; pé no acelerador e para adiante.
E así tornámonos en tolos buscando vernos a deshora, no sitio, á hora e coa escusa de sempre para fuxir baixo a choiva ao noso recuncho.
E despois de todo, para min amor es ti.
AM.
5 de feb. de 2015
3 de feb. de 2015
QUERE EN GALEGO
O 14 de febreiro xa está aquí e no noso IES querémonos en galego. No taboleiro do EDLG estamos a colgar as declaracións de amor adicadas en galego polo noso alumnado
Nos próximos días iremos actualizando este blog con novas mostras do bonito que é quererse en galego
Nos próximos días iremos actualizando este blog con novas mostras do bonito que é quererse en galego
PERIFERIA DE IOLANDA ZÚÑIGA
Iolanda Zúñiga, nada en Vigo o 12 de febreiro de 1975
É a escritora de Periferia, polo cal gañou, en 2010, o Premio Xeral de novela.
En 2011, por este mesmo libro, foi finalista do Premio da Crítica Galicia de
Creación Literaria.
Este libro cóntanos
a historia de Luciana, unha rapaza de Sâo Paulo que se introduce no
narcotráfico para axudar a súa nai. Loita por non ser coma os demais, por
seguir lúcida, polo que decide deixar de ser Luciana e converterse en Simeone.
Máis tarde coñecerá a Brown, un dos bandidos máis famosos das rúas de Sâo
Paulo. Luciana e Brown vivirán unha complicada e intensa historia de amor. Non
serán os protagonistas das típicas aventuras simples e amorosas, senón que
intentarán sobrevivir neste mundo globalizado, violento, desordenado e
perigoso.
Cada unha das
historias parece individual, pero todas gardan unha perigosa relación que
acontece nos suburbios dunha gran cidade, que parece que nunca descansa.
Conseguirá
Luciana axudar a súa nai? Quen é
realmente Brown? Que sucederá con eles? Lograran sobrevivir aos suburbios?Haberá
un final feliz?
Persoalmente recomendo
moitísimo ler esta novela, sei que os temas que trata non son os típicos aos
que estamos acostumados, pero as súas historias son moi realistas e conseguen
que vexamos como de dura pode ser a vida para alguén que viva nos suburbios,
que do único que teña que preocuparse sexa por saber se vivirá un día máis ou o
que ten que chegar a facer alguén para poder comer ou comprar medicamentos. Ás
veces está ben darse conta de que ás veces non todo e ficción, sobre todo na periferia.
Andrea Pérez
Rivas. 1ºA BAC.
2 de feb. de 2015
DÍA DA PAZ. É A GUERRA
O grupo de teatro ofreceunos unha marabillosa representación para conmemorar o Día Da Paz. Parabéns aos organizadores e aos rapaces que participastes
Ana Salgado de 3º ESO C resúmea así:
"A obra de teatro que foi representada o pasado venres é unha parodia sobre a guerra e está dividida en seis escenas.
Na primeira escena aparecen unhas enfermeiras presentando a obra e facendo un discurso entre todas elas.
A segunda escena desenrolase nun cuartel durante unha noite de garda na que aparecen catro soldados , os cales non recordan o contrasinal pero encontraron un sobre onde a parecía o contrasinal desde día , xa que tódolos días o cambiaban, pero de repente aparece o capitán pedíndollo , e cando llo din o capitán di que que é incorrecto xa que son máis das doce da noite polo tanto o contrasinal cambiou.
Na terceira escena volven aparecer as enfermeiras facendo outra parodia sobre a guerra.
A cuarta escena componse de catro soldados feridos pola guerra que vas ser premiados por unha medalla cada un , onde contan as causas polas que están feridos e ao final os catro soldados e o capitán van ao cine , xa que non querían quedarse ao discurso das medallas.
A quinta escena é a da borracheira, na que o día anterior o capitán estivera borracho e non recordaba nada, entón o soldado que estaba de garda apuntou no parte que o capitán chegara nese estado e o capitán botoulle a bronca por por iso xa que non recordaba nada.
A última escena é un episodio no campo de batalla onde se explica que hai dous exércitos , primeiro preséntanse e os capitáns dan un discurso e a continuación din que ataquen e de repente sae un soldado que quere sacarse unha foto co inimigo e así o fan todos , ao rematar os capitáns din de novo que ataquen pero non disparan un exército contra o outro senón que lles disparan a eles.
E por último volven repetir esta ultima escena pero non lles disparan aos capitáns si non que disparan contra o público caramelos."
1 de feb. de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)