30 de out. de 2024

Samaín

Comezamos coa celebración do Samaín cun vídeo de debuxos animados que nos preparou o noso compañeiro de E.Plástica e Visual cos debuxos do alumnado de 1ESO

24 de out. de 2024

Día das bibliotecas

Hoxe celebramos tamén o Día das bibliotecas, lembrando todo o que na nosa biblioteca podemos facer.

Samaín

Comezamos o tempo do Samaín coa convocatoria dun concurso de receitas con produtos de outono, anímate a participar!

18 de out. de 2024

A música tradicional

Rematamos a semana visitando a Biblioteca Municipal de Verín para consultarmos dous Cancioneiros populares, o de Dorothé Schubart e Antón Santamarina e máis o Cancioneiro de Laza, Vilariño de Conso e Viana do Bolo, grazas á axuda de Aurora e Vicente que xestionan tan ben a Biblioteca.

15 de out. de 2024

Proxecto O baile: o traxe tradicional

Hoxe tivemos a sorte de escoitar a Mercedes Veites de Lumecú, costureira que veu a nos explicar as partes dontraxe tradicional galego, os tipos de traxe e a súa orixe así como a relación coa nosa identidade.

11 de out. de 2024

10 de out. de 2024

Día da saúde mental

Hoxe celebramos o Día da saúde mental cunha exposición para visibilizarmos todas as enfermidades que nos rodean e concienciarnos da importancia de coñecelas.

4 de out. de 2024

Radio Chivite

Eate ano seguinos colaborando con Radio Chivite e neste caso coa Escola de secundaria Fernando de Magallhães de Chaves, comezamos co Podcast do Arangaño e o mito das tres Marías, investigación feita xa polo noso alumnado hai tres anos e que agora aproveitamos para promover un turismo sostible e cultural.