Onte comezamos no centro coas actividades do mes da ciencia, grazas a Nuria Trigueros quen dentro da materia de Física de 2ºBACH, trouxo a conferencia "Do interior da materia ó corazón das estrelas", unha exposición ben interesante ó cargo de Daniel Regueira Castro, pertencente á IGFAE, o instituto galego de altas enerxías, grazas Nuria!
Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
30 de out. de 2021
20 de out. de 2021
Hoxe tivemos a sorte de que viñeran ó noso centro Iris Justo e Miriam González, autoras do documental A memoria da raia, que fala das relacións de fronteira na época da posguerra.Como vén dixeron: é importante coñecermos a nosa historia para saber quen somos e cara onde debemos de ir. Grazas ás dúas!
15 de abr. de 2021
Coñecemos o impacto ambiental do que comemos?
28 de feb. de 2021
PLANTANDO CARA AO LUME
25 de feb. de 2021
ENCONTRO DÍGOCHOEU 21 DÍAS.
Hoxe timevos no IES Taboada Chivite a inmensa sorte de poder contactar con Esther Estévez, Carlos Amado e Rocío Pérez, artífices do marabilloso proxecto "DígochoEu", que está a conseguir que o noso alumnado "conecte" co galego ou lle colla aínda más agarimo. Moitísimas GRAZAS polo voso inmenso labor a prol da nosa lingua e pola interesantísima e entretidísima videoconferencia de hoxe. Pasámolo xeniaaal!!!
Achegamos o vídeo que compartimos con eles, que reflicte a grande pegada que deixou Esther Estévez Casado no IES Taboada Chivite, do que foi alumna. A súa implicación no noso centro, o seu talento xa anunciaban o que ía vir despois...16 de nov. de 2020
"SÓ A CIENCIA NOS RESCATARÁ DA PANDEMIA"
Hoxe, día 16 de novembro, o alumnado de 1º de bacharelato, que cursa Anatomía Aplicada, puido asistir á videoconferencia da neurocientífica lucense Sonia Villapol Salgado, investigadora do Texas Medical Center (Houston, EEUU), organizada por Igaciencia en colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e na que participaron outros oito centros galegos.
Un bo xeito de conmemorar o XI Día da Ciencia en Galego!
9 de mar. de 2020
DEBATE SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO CON ROSA TALLÓN, FISCAL E ANTIGA ALUMNA DO CHIVITE.
Hoxe, 9 de marzo, ás 17:00, no IES Taboada Chivite, tivo lugar un debate sobre igualdade de xénero coa fiscal Rosa Tallón (antiga alumna do noso centro). Asistiu o alumnado de 4º ESO.
Rosa Tallón respondou dun xeito cordial e cunha linguaxe sinxela a todas as cuestións que lle plantexou o alumnado.
Moitas grazas por vir!
19 de feb. de 2020
SANTA BAIA DE MONTES, DE SABELA DOMÍNGUEZ SOUTO, NO TABOADA CHIVITE
Hoxe, a nosa exalumna Sabela Domínguez Souto presentou no IES Taboada Chivite a súa curtametraxe Santa Baia de Montes, gañadora do premio do público na última edición do Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín.
A curtametraxe amósanos personaxes do pobo de Santa Baia os que Sabela foi gravando en diferentes sesións de rodaxe, despois de pasar tempo nese pobo para gañar a súa confianza. Ademais, é unha curtametraxe sobre o propio proceso de elaboración da curta, como reflicte a voz en off da directora. Se Santa Baia de Montes ía ser unha película sobre os incendios, acabou sendo algo completamente diferente, unha peza orixinalísima que nos leva ao mundo do pobo, da aldea....Ese mundo que oxalá non morra.
Moi pronto poderedes escoitar en RadioChivite unha entrevista con Sabela.
Moitísimas GRAZAS, Sabela, e sorte nos teus vindeiros proxectos!
Moitísimas grazas tamén a Manoli Maseda, coordinadora dos EDLG da provincia de Ourense, por ter vido ao noso instituto para asistir á proxección da curta da nosa ex-alumna e posterior coloquio.
2 de feb. de 2020
APROXIMACIÓN FACIAL Á ANTROPOLOXÍA FORENSE: CIENCIA E ARTE AO SERVIZO DA HUMANIDADE
Podedes ver as imaxes desta actividade premendo na seguinte LIGAZÓN
Tamén podedes ler o resumo da charla e do obradoiro, así como a valoración persoal de Sheila Prieto Estévez de 1º BAC A, nesta LIGAZÓN
22 de xan. de 2020
CONFERENCIA SOBRE OS BOSQUES DE FRONDOSAS AUTÓCTONAS: CONSERVACIÓN E XESTIÓN SOSTIBLE
14 de xan. de 2020
CONFERENCIA SOBRE O IMPACTO AMBIENTAL DO ARSÉNICO
Primeiramente, comezou a describirnos o que causa o arsénico en humanos, morte en doses concentradas e en doses diluídas un gran número de enfermidades cutáneas e mesmo cancro. Despois pasou a explicarnos a situación en Bangladesh, un país do sureste asiático no que millóns de persoas sofren destas lesións por culpa de que os seus pozos de auga, feitos pola OMS están contaminados co devandito arsénico.
Ata o de aquí todo ben, pero despois pasou a explicarnos como foi todo o proceso de investigación ata chegar á verdadeira fonte da contaminación (un sedimento profundo que transmite o arsénico á auga) relatándonos as diversas hipóteses que se barallaron cun vocabulario e unhas explicacións químicas na miña opinión moi técnicas para as idades que tiñamos os espectadores. Con isto o que aconteceu foi que a explicación, aínda que boa, causara a perda de interese de moitos de nós ante a imposibilidade de entendela.
Despois desta primeira parte, pasou a contarnos o experimento que levou a cabo en colaboración con colexiados de Ecuador e Brasil sobre as concentracións de arsénico na auga destes países. Os resultados foron positivos xa que segundo nos explicou, os niveis dos tres estados están dentro do permitido, co engadido de que os niveis de España eran os máis baixos.
Para finalizar aconsellounos sobre como consumir arroz, unha planta que ao crecer inundada, é moi susceptible a contaminarse co arsénico, e suxeriunos lavar e facer unha cocción previa ao arroz que foramos a comer, para minimizar os riscos de inxerir o elemento tóxico.
A presentación foi certamente interesante, xa que nos informou sobre un problema que segundo eu penso é descoñecido para gran parte da poboación, descoñecemento que pode desembocar, como vimos en Bangladesh, en situacións verdadeiramente difíciles. Porén, non creo que fora unha presentación adecuada para rapaces da nosa idade. O primeiro motivo é o uso de tecnicismos demasiado avanzados para nós que comentei anteriormente e segundo, e para min máis importante, que non se pode facer nada en contra do arsénico.
De acordo co que o conferenciante nos dixo, é unha contaminación 100% natural e que aínda que factores coma o uso de fertilizantes pódena agravar, se hai arsénico nos sedimentos, é moi difícil escapar del. O que a min me produce isto é que aínda que a charla me resultara interesante, pareceme un coñecemento baleiro e un tempo “perdido” que se puido ter empregado en falarnos dun problema ambiental combatible. Charlas deste tipo deberían ser empregadas en que nós, as xeracións do futuro, tomemos conciencia de procedementos incorrectos que se levan a cabo hoxe en día, para que polo menos a longo plazo, se reduzan estes problemas. De todos xeitos foi unha presentación interesante e ben tratada da que puidemos aprender moitas cousas.
Como conclusión quería expresar que aínda que lle atopara algúns fallos a esta conferencia, paréceme ben que se nos saque un pouco do ámbito escolar convencional e que aprendamos e nos conciencemos sobre temas dos que, de outro xeito, non teriamos información ningunha.
24 de out. de 2019
CONCURSO DE IMAXES PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE XÉNERO.
9 de nov. de 2018
EU QUEDO AQUÍ, E TI?
Xornadas en defensa do rural galego no IES Xesús Taboada Chivite.
Para máis información preme na seguinte LIGAZÓN
4 de xuño de 2018
CONFERENCIA DE ANTÓN RIVEIRO COELLO
Unha desas presentacións foi a realizada por: Luis Martínez Rodríguez, Alejandro Suárez Hervella e Rodrigo Justo Fernández de 1º BAC A.
20 de abr. de 2017
VI XORNADAS DE TECNOLOXÍA DE GALICIA
Nese contexto as 16:30 no Auditorio de Verín terá lugar a A charla-espectáculo “Da roda ao láser” que será impartida por David Ballesteros, profesor e divulgador científico de gran experiencia especializado no mundo educativo, presenta un percorrido pola historia da humanidade e os cambios tecnolóxicos máis disruptivos, que permiten a entrada nunha nova era do coñecemento. Para dotala dun gran dinamismo, cada explicación irá acompañada con experiencias prácticas ilustrativas de gran espectacularidade.
Láser. Os láseres, por sorte ou por desgraza, non son como os vemos na Ciencia Ficción. Na charla analizarase a súa base tecnolóxica e os participantes poderán probar os usos que adoitan ser descoñecidos pola poboación, tales como a análise de aceites ou a construción dun microscopio low cost.
Para finalizar a charla, os participantes reflexionarán sobre as tecnoloxías que poderemos gozar nun futuro próximo. De forma ilustrativa, convidarase o público a xogar controlando a actividade cun lector de ondas cerebrais conectado ao seu cerebro.
17 de abr. de 2017
CONFERENCIA VIITICULTURA
6 de mar. de 2017
O GALEGO É UN MUNDO. ANIK NANDI
Ao final da
charla respondeu moi amablemente a todas as nosas dúbidas e penso que falo por
todos os meus compañeiros cando digo que grazas as súas palabras démonos conta
de que aínda que ás veces pensemos que unha lingua é inferior por ter menos
cantidade de falantes, iso é completamente falso. Sara Guerra Sandoval
5 de dec. de 2016
AS NENAS E OS NENOS SOLDADO
2 de dec. de 2016
DESCUBRINDO AS ROCHAS QUE PISAS
RESUMO DA CHARLA:
28 de nov. de 2016
DOCUMENTAL CHICAS NUEVAS 24 HORAS E COLOQUIO CON MABEL LOZANO
Gustoume moito. Tiña oído falar dese tema, pero non tan a fondo, por iso abriume os ollos e ensinoume valores que non tiña en mente. É un tema realmente serio que debería pararse.Como muller ou nena, a calquera de nós, a calquera muller lle podería pasar, hoxe ou mañá, e por iso persoalmente moitas veces entendo os medos das nais a deixar soa a unha filla ou eses tipos de medos que non hai no caso dun fillo. Creo que o que vimos hoxe debería velo todo o mundo e que todos axudaramos no que se puidera a parar isto.





















