29 de out. de 2020

O ALUMNADO DE PLÁSTICA DEULLE VIDA ÁS PALABRAS TREMELENTAS


Samaín no IES Xesús Taboada Chivite. O reto das palabras tremelentas.
O alumnado de Plástica de Javier Díaz debuxou moitas palabras que dan medo. Estarán penduradas nas paredes do instituto. Ocórrensevos máis?

23 de out. de 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS


Este sábado celébrase o Día Internacional das Bibliotecas, e o equipo da Biblioteca do IES Taboada Chivite conmemora está data ofrecéndonos moitas recomendacións lectoras, moi variadas e todas elas moi interesantes. Para todos os gustos e todas as idades.
Escolle o teu libro e...
A ler!!!!!!!

22 de out. de 2020

NOVA TEMPADA DE RADIOCHIVITE

Estreamos programa en RadioChivite co noso novo coordinador e director técnico, Abraham Rubín, profesor de Filosofía, que sucede con brillantez a Xabier Álvarez, quen fixo un enorme labor o ano pasado, implantando a radio no noso centro e levando a cabo catro interesantísimos programas.

Parabéns por este programa cheo de novas, entrevistas, enquisas.....
Agardamos que vos guste!!!!!!!

Neste novo programa contaremos coas seguintes seccións:

- Novas chivitianas: presentado por Paula Gago e David Salgado de 4º ESO - A.

- Entrevistas:
* Paula Gago entrevista a Rocío Salgado, actriz e cantante/ bailarina, antiga alumna do IES Xesús Taboada Chivite.

* David Salgado entrevista a Abraham, de O Sonoro Maxín, inaugurando a sección "De bandas", na que iremos coñecendo bandas e grupos de música da nosa terra.

- Bibliochivite: presentado por Javier Salgado, de 3º ESO - C, na que el mesmo, xunto cos compañeiros e compañeiras Ana Gago, Diego Fernández e Andrea Guerra, de 1º ESO - B realizan a enquisa "Que pensas?" ao alumnado do Chivite sobre o estado da biblioteca e algunhas recomendacións literarias de interese.

20 de out. de 2020

"TRAILERS" DE VERSIÓNS TERRORÍFICAS DE PELÍCULAS DE DISNEY OU PIXAR


Proposta de traballo na materia de Linguaxe e Práctica Musical para Samaín:

Coller unha película de Disney ou Pixar dirixida a un público infantil e crear un tráiler dunha suposta versión terrorífica da mesma, empregando imaxes da película orixinal e engadíndolle o alumnado efectos e música tales que o resultado dea medo.

Este é o traballo de Marcos Gómez (1°Bacharelato):

E este o de Carla Rosas, tamén de 1°Bacharelato:

ALUMNADO SOLIDARIO


O dono das ovellas ás que se refire o vídeo da TVG, que podedes ver a continuación,  é un alumno de 1° Bacharelato do noso centro, Manuel Lorenzo. Os seus compañeiros están a recadar cartos para que poida repoñelas.
Podedes ver o vídeo premendo na seguinte LIGAZÓN

4 de out. de 2020

O RETO DAS PALABRAS TREMELENTAS

 

Aproxímase o Samaín!!! Así que...Preparádevos para tremer, tremeler, tremelicar...Por certo, estes tres sinónimos son palabras que asociamos co medo, como todas as que tedes na árbore que podedes ver nesta entrada. Propoñémosvos un reto. Cantas máis sodes quen de engadir? Veña! A darlle aos miolos! A ver cantas engadides (nos comentarios) dende hoxe ata o Día de Samaín!!!

3 de out. de 2020

O TEXTO ARGUMENTATIVO

 

A profesora Diana Fernández, a través de aulas galegas achéganos este vídeo-presentación sobre a argumentación. Argumentar é dar razón para probar ou demostrar algo. Esperamos que bos sexá útil!

30 PROPOSTAS DE MÚSICA ACTUAL QUE TES QUE COÑECER


Nel Vidal Barral, profesor da materia de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario, preséntanos un recurso educativo elaborado para que os mozos e mozas coñezan a diversidade de grupos e artistas que actualmente fan música en galego. Trátase do vídeo 30 propostas de música en galego actual que tes que coñecer, accesible en Youtube, que presenta de xeito didáctico unha selección de propostas musicais en lingua galega de estilos tan diversos coma o pop, o hip hop, o rock, a música tradicional, o trap ou a música electrónica