Amosando publicacións coa etiqueta FILOSOFÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FILOSOFÍA. Amosar todas as publicacións

27 de nov. de 2020

PREMIADOS NO CONCURSO IMAXES PARA PENSAR, PENSAR EN IMAXES

 

Os premiados no concurso "Imaxes para pensar, pensar en imaxes", organizado polo Departamento de Filosofía, foron: Rubén Álvarez de 1º BAC A, Miguel Quintas de 2º BAC A e Marta Gil de 4º ESO C.

Parabéns!!!

18 de nov. de 2020

DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA NO CHIVITE


O terceiro xoves de novembro de cada ano celébrase o Día Mundial da Filosofía, que ten como propósito lembrar o gran valor que ten a filosofía para o desenvolvemento da sociedade en xeral, honrando as reflexións filosóficas en todo o mundo. É un día para que a xente comparta os seus pensamentos, explore e discuta abertamente novas ideas e inspire o debate público ou a discusión sobre os desafíos da sociedade.


A filosofía abrangue aquel espazo de asombro do ser humano onde as ideas atopan un novo e cómodo espazo para florecer sen límites. Desta forma, a filosofía abriu a porta a novos conceptos e ideas innovadoras, sentando as bases do pensamento crítico, a independencia e a creatividade en todas as culturas durante moitos séculos.


No IES Xesús Taboada Chivite quixemos celebrar o Día Mundial da Filosofía coa actividade IMAXES PARA PENSAR, PENSAR EN IMAXES, onde se lle pedía ao alumnado que escollese un aforismo dalgún filósofo ou filósofa e o ilustrase cunha imaxe. 

Todas as propostas proxectáronse na pantalla do vestíbulo do noso centro. 

Podedes ver aquí unha Presentación feita con todas elas:


O Departamento de Filosofía decidiu premiar a tres delas cos seguintes premios:



E as escollidas para os premios foron as seguintes imaxes para pensar:








PARABÉNS A TODXS E VIVA A FILOSOFÍA!


2 de nov. de 2020

IMAXES PARA PENSAR, PENSAR EN IMAXES.

 

"A filosofía ten o poder de cambiar o mundo, pois está

dotada desa capacidade de transformarnos,dando maior

 peso ás nosas indignacións ante a inxustiza (...),máis

 convicción para defender a dignidade humana"

 

Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO


O vindeiro xoves 19 de novembro celébrase o Día Mundial da Filosofía, establecido pola UNESCO, e desde o Departamento de Filosofía do IES Xesús Taboada Chivite, propóñenvos a seguinte actividade para todo o alumnado do noso centro.

 

 

Imaxes para pensar, Pensar en imaxes

 

 

OPCIÓN A

 

Elección dun aforismo, idea, frase, reflexión ou concepto dalgún filósofo ou filósofa (como, por exemplo, os seleccionados máis abaixo).

Posteriormente, débese buscar unha imaxe que ilustre, explique ou aclare o sentido da frase. A imaxe pode ser unha fotografía realizada polo propio alumnado, ou ben buscada a través de Internet, ou un collage ou debuxo, así como banda deseñada ou calquera outro material gráfico que poida ilustrar dita reflexión ou aforismo.

Finalmente, o alumnado debe escribir un breve texto explicativo sobre a imaxe proposta, tratando de relacionala co aforismo escollido.

 

 

OPCIÓN B (Sería o proceso inverso)

 

Elección dunha imaxe (fotografía, debuxo, banda deseñada, collage), asociala a un aforismo ou pequeno texto que reflexione sobre iso, cun breve texto explicativo ao respecto.

 

 

NOTA:

A entrega farase exclusivamente por correo electrónico ao enderezo filosofiachivite@gmail.com, achegando unha fotografía do traballo final, co nome do alumno/a nela. A data tope será o venres 13 de novembro.

Todos os traballos serán proxectados o día 19 na pantalla que está no vestíbulo do noso centro e publicados no Facebook e no blog do departamento de dinamización da lingua galega, o Fiadeiro da Lingua.

 

Esta actividade incluirase como práctica e valorarase como tal nas materias de Filosofía de 4º ESO e 1º de BAC.

Ademais, haberá 3 premios para os traballos máis interesantes.

 

ANÍMATE A PARTICIPAR!!!

 

——————————————

 

EXEMPLOS DE AFORISMOS

 

"Aínda que todas as posibles preguntas da ciencia recibisen resposta, nin sequera rozarían os verdadeiros problemas da nosa vida" (L. Wittgenstein).

 

"Os monos son demasiado bos como para que o ser humano poda descender deles"

(F. Nietzsche).

 

"Vivir sen filosofar é, propiamente, ter os ollos pechados, sen tratar de abrilos xamais"

(R. Descartes).

 

"Os filósofos limitáronse a interpretar o mundo de distintos modos; do que se trata é de transformalo" (K. Marx).

 

"Sapere aude" = "Atrévete a saber" (I. Kant).

 

"Eu son eu e as miñas circunstancias" (J. Ortega y Gasset).

 

"A liberdade está en ser donos da propia vida” (Platón)

 

“Filosófico é o preguntar e poético o achado” (M. Zambrano)

 

“A actividade máis importante que un ser humano pode lograr é aprender para entender, porque entender é ser libre” (B. Spinoza)

 

“O propósito da educación é amosar á xente como aprender por si mesmos. O outro concepto da educación é adoutrinamento” (N. Chomsky)

 

“A filosofía, desde as súas orixes, é algo que non pode funcionar como obediencia ao poder. Apoiar a orde, non criticar o existente, é unha negación da filosofía” (A. Badiou)

 

“O problema da muller sempre foi un problema de homes” (S. de Beauvoir)

 

“A liberdade é algo marabilloso, pero non cando hai que pagar por ela o prezo da soedade” (B. Russell)