Amosando publicacións coa etiqueta ENVELLECEMENTO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENVELLECEMENTO. Amosar todas as publicacións

20 de xul. de 2021

ENTREVISTAS SOBRE NAMOROS E CASAMENTOS DE UXÍA E DIANA, ALUMNAS DE 1º ESO A, AOS AVÓS

ENTREVISTA DE SORAYA, ALUMNA DE 1º ESO C, A SÚA VECIÑA SOBRE OS NAMOROS E OS CASAMENTOS

 

OS AVÓS DE IAGO DE 1ºESO C FALAN DOS NAMOROS E OS CASAMENTOS NA SÚA MOCIDADE

ENTREVISTA DE LAIA ATANES OS SEUS AVÓS SOBRE NAMOROS E CASAMENTOS ANTES

 

ENTREVISTA DE LOIS REIGADA A SÚA AVOA SOBRE NAMOROS E CASAMENTOS ANTES

 

NAMOROS E CASAMENTOS NA COMARCA DE MONTERREI: PROXECTO ANTROPOLÓXICO DO ALUMNADO DE 1º ESO

 O alumnado de 1º ESO A e C da profesora Rosa Alonso realizou un proxecto antropolóxico da comarca de Monterrei sobre namoros e casamentos antes, cando os avós eran mozos. Neste blog imos publicar seis entradas cos traballos realizados. Comezamos coa entrevista realizada pola alumna Helena Prada á súa tía Pura:

14 de xuño de 2021

CADERNOS DE TEATRO 21 IES RIBEIRA DO LOURO



Saímos (A Tecedora de Soños, RadioChivite, EDLG) nas páxinas 18, 19 e 20 dos Cadernos de Teatro do IES Ribeira do Louro. Enorme publicación. Enorme traballo e paixón polo teatro. O responsable dos Cadernos, que leva moitos anos transmitindo, compartindo o seu amor polo teatro, é Delio García, do Dpto de Galego. MOITÍSIMAS GRAZAS.

Podedes velo premendo nesta LIGAZÓN


2 de xuño de 2021

A MIÑA ALIMENTACIÓN E A DOS MEUS AVÓS

Inés André e Iria García, alumnas do IES Xesús Taboada Chivite de Verín realizan este audio sobre a evolución da alimentación ao longo das xeracións, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

1 de xuño de 2021

ENTREVISTA DE ANA GAGO A SÚA AVOA SOBRE A EVOLUCIÓN DO TELÉFONO

Ana Gago,unha alumna do IES Xesús Taboada Chivite de Verín entrevista a súa avoa para preguntarlle pola evolución do teléfono, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

31 de maio de 2021

A XUBILACIÓN ACTIVA DO MEU AVÓ

Adara Vivel, alumna do IES Xesús Taboada Chivite de Verín realiza este audio sobre a vida laboral dos seus avós, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

AS AVOAS ACTIVAS DO RURAL

Marta Rato e Aroa Teixeira, alumnas de 4º ESO do IES Xesús Taboada Chivite, contan neste vídeo o envellecemento activo das súas avoas no rural, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

30 de maio de 2021

APROVEITAMENTO FORESTAL: PRESENTE E PASADO.

O alumnado de 4º ESO, que cursa Bioloxía e Xeoloxía, gravou audios en grupos de tres, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, comparando os recursos que obtiñan do monte os nosos avós, cos que aproveitamos nós. A agricultura e a gandaría tradicionais estaban interconectadas e en equilibrio co monte.O monte reportaba máis beneficios e a súa explotación era máis sostible.


1 de maio de 2021

ENTREVISTA DE ANA GAGO A SÚA AVOA SOBRE A EVOLUCIÓN DO TELÉFONO

Ana Gago, unha alumna de 1º ESO do IES Xesús Taboada Chivite de Verín entrevista a súa avoa para preguntarlle pola evolución do teléfono, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

30 de abr. de 2021

AS AVOAS ACTIVAS DO RURAL

Marta Rato e Aroa Teixeira, alumnas de 4º ESO do IES Xesús Taboada Chivite, contan neste vídeo, o activas que son as súas avoas no rural, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

25 de abr. de 2021

PONTE NA SÚA PEL


Os alumnos e as alumnas do That's English modificaron as imaxes dos seus rostros cun programa de envellecemento. Despois reflexionaron, en galego e en inglés, sobre como se sentían tras observar estas modificacións. Neste fragmento podedes ver e escoitar a Iria e Inés, alumnas de That's English! e de 1º de bacharelato.

10 de abr. de 2021

PATACAS FRITIDAS "A CASA VELLA"

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A


A casa vella é unha empresa galega que trasladou, por motivos operativos,  a súa fábrica desde Fene (A Coruña) ata o concello ourensán de Xinzo da Limia, de onde proceden a totalidade das patacas que utilizan.

Colleitadas no seu momento óptimo e conservadas nun ambiente fresco, seco e protexidas do sol, fai que a pataca, o seu principal ingrediente, teña a máis alta calidade e  a textura crocante que procuran. Seguindo o modelo tradicional  son fritidas na tixola, nunha mestura de aceite de oliva virxe extra da variedade picual e hojiblanca, que resulta excelente pola súa condición en ácidos graxos e oxidantes naturais que lle aportan o grao de suavidade, frescura e acidez que as diferenza. Ademáis destes ingredientes, o sal do Val de Añana,  moi apreciado na alta cociña pola súa pureza, libre de microplásticos e metais, fai das patacas fritidas “A casa vella” un produto excepcional.

As patacas están envasadas en bolsas cunha atmosfera protectora, composta por tres capas, que as manteñen como se estiveran feitas no mesmo día e que chaman a atención polo seu deseño,  creado a partir de fotos antigas reais, que nos fan evocar tempos pasados e lembranzas da infancia.

19 de mar. de 2021

CONTOS E POEMAS PARA O ASILO

 

Un ano máis, desde Bibliochivite quixeron colaborar co asilo de anciáns de Verín, enviándolles algúns contos e poemas. Este ano fixérono a través da radio. Para iso o noso alumnado leu algúns contos das "Cousas" de Castelao, xunto a algúns poemas de Xosé Neira Vilas e Antonio García Teijeiro.

Len:

- Natalia Cota, María Guerra, Sara Xing Moredo e Marina Gómez (1º BAC), Javier Salgado (3º ESO) e Tania Guerra (2º ESO)

12 de mar. de 2021

IMAXES DO "PHOTOCALL DA TÚA PALABRA FAVORITA EN GALEGO"

Está a piques de rematar a nosa participación nos 21 Días co Galego e +, e desde o EDLG, queremos agradecer a participación de boa parte  da comunidade educativa do Chivite nesta actividade, que xa explicamos nunha entrada anterior.

Se queredes ver todas as imaxes, premede nesta LIGAZÓN


9 de mar. de 2021

EFÉMERO


Esta enxeñosa performance, seguindo o fío condutor do paso do tempo, pon de manifesto o contraste existente entre os esforzos que constrúen algo e que se poden prolongar no tempo e a brevidade coa que o progreso mal entendido pode desfacelos.

Unha intervención artística na que as alumnas de plástica elaboraron un arco da vella (hai algo máis efémero?) de post-its (material funxible por excelencia) nun lugar de paso, destinada non obstante a ser pisoteada por aqueles que precisaban camiñar por aí para chegaren ó exterior, e que viviron na súa pel a desazón de quen non ve valorados os seus desvelos.

O efémero ten precisamente unha vida máis longa na ollada prospectiva de quen proxecta, idea e fai que logo na realidade, porque os anceios sempre son máis duradeiros na nosa mente.

O bo é que a nosa memoria (ollada retrospectiva) pode facer revivir aquilo que deixou de ser.
Parabéns a Javier Díaz, profesor de Plástica e as súas alumnas!


Para ver o vídeo, premede nesta LIGAZÓN

8 de mar. de 2021

VÍDEO PRESENTACIÓN DO NOSO CENTRO "CHEGANDO A ÍTACA" NOS 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS

 Neste vídeo Paula Gago e David Salgado falan da vellez, o eixe temático ao redor do cal xiran moitas das actividades do centro.

Hoxe ás 13:10 estes dous alumnos, xunto co profesor  de Filosofía, Abraham Rubín, que conduce Radio Chivite serán entrevistados no programa da RTVG "Galicia por Diante".