28 de abr. de 2023

Sostibilidade, Edu saúde e Mitoloxía local

 

Hoxe o alumnado de 1º, 2º e un grupo de 3ºESO do IES Xesús Taboada Chivite, fixo unha andaina que pasaba por sitios emblemáticos da nosa vila como: o manancial de Cabreiroá , a capela do Sto. Antón ou o manancial de Sousas. O roteiro englobaba varias actividades deseñadas por alumnado de 2ºBac do mesmo centro, de Literatura galega do século XX, relacionadas coa nosa mitoloxía local: A deusa Coventina, a Virxe do Leite ou as Tres Marías formaron parte dos xogos ideados. O obxectivo perseguido era traballarmos varios dos proxectos que temos no centro: o de Sostibilidade: o alumnado foi recollendo lixo durante todo o camiño e rematarán cun traballo de estampación en bolsas de tea. O de Edu-saúde, ó facermos unha actividade física que percorreu paraxes naturais, e ila marcando dentro da aplicación Relive, para poder divulgala, e por suposto o coñecemento da nosa riqueza patrimonial: natural e cultural. 






25 de abr. de 2023

Os Maios

 Este ano démoslle un xiro creativo, ó noso Maio, dende o departamento de E. Plástica e Visual elaboraron o Maio con figuras de "ollos de deus". Xa vos imos adiantando algo...


21 de abr. de 2023

SOSTIBILIDADE: consumo consciente

 Hoxe tivemos actividade de Consumo consciente, con Itxiar e Lía, de ADEGA (grazas á nosa compañeira de Bioloxía, Iria), de ADEGA. Enmarcada dentro do Contrato programa de Sostibilidade. Amosáronnos a realidade do consumo diario, e a grande produción de residuos, finalmente o alumnado trouxo as súas camisetas para customizárenas.






20 de abr. de 2023

Os maios

 Case temos listas as coplas dos Maios deste ano, e o noso Maio tamés está en proceso, aí vos van dúas estrofas que fixo o alumnado de 1 e 2 ESO.



18 de abr. de 2023

SOSTIBILIDADE: A situación do pequeno comercio e a hostelería en Verín

 O alumnado de 1ºBAC C fixo unha boa reportaxe que compartimos con todos e todas vós sobre a situación do pequeno comercio en Verín entrevistando ós nosos veciños e veciñas. A sostibilidade pasa, por suposto polo pequeno comercio e de proximidade.


 

13 de abr. de 2023

Comezamos esta semana con actividades de Sostibilidade, neste caso co Dep. de Bioloxía, sobre a Xeomorfoloxía do Canón do Sil para 3º e 4º da ESO.