28 de feb. de 2012

            
 "O CICLO DA AUGA"    -   RAP

Os alumnos de 1º Eso D dentro do proxecto de Dinamización da Lingua Galega, elaboraron este curioso rap froito do seu esforzo. Grazas aos profesores Isabel  Cota e Javier Rodríguez
pola súa implicación.


7 de feb. de 2012

Día da Paz

"DÍA DA PAZ"
            
  30 de xaneiro de 2012

    Neste día e durante toda a semana celebramos o día da Paz, para traballar sobre este valor os alumnos de 1º da ESO co seu profesor Javier Díaz fixeron este precioso mural.


 


    O resto do alumnado traballou poemas sobre a Paz, uns son da propia elaboración dos alumnos e alumnas e outros son de coñecidos autores.




Poemas da Cidade Oculta

ESTEVO CREUS 

“POEMAS DA CIDADE OCULTA”

     Este ano no Club de lectura A Árbore Vermella  leranse os poemas deste autor galego que naceu en Cee (A Coruña)  e que dende  o seu libro “Poemas da cidade oculta” nos  fai reflexionar sobre os sentimentos e a vida .


    O Equipo de Dinamización da Lingua Galega tamén colabora con esta actividade. Por iso dende este blog animámosvos a todos a participar  os xoves pola tarde no club de lectura  compartindo  os poemas deste poeta da nosa terra.


13 de xan. de 2012

"ADIVIÑA QUEN É"

    Unha nova edición do Concurso "Adiviña quen é" comeza da man do Club de Lectura A Árbore Vermella, esta vez coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xa que o persoeiro pertence ao eido da cultura galega:


20120112225741-escritor-desenfocado.jpg¿Quen é?


¡Ánimo Sherloks... a buscar pistas! Para atopalas debedes entrar no blog do Club de Lectura.

                                



     ¡SORTE! 






27 de dec. de 2011

CONCERTO DE PANXOLIÑAS-2011
"IES XESÚS TABOADA CHIVITE"


O pasado 21 de decembro o alumnado do IES "Xesús Taboada Chivite" celebrou a chegada do Nadal cun concerto de panxoliñas e doutras interpretacións que foron guiadas polos seus profesores de música: Rubén Veloso e David Rivada. Tamén se fixo entrega dos premios acadados no concurso de "Tarxetas para o Nadal" .
A continuación podedes ver :  fotografías  do Nadal 2011    e vídeos do evento:




               
 



  





 





¡BOAS FESTAS DE NADAL!!
E agora un pouquiño de boa música para estas datas.






26 de dec. de 2011


LECTURAS PARA O NADAL

   FOLLETO DE LECTURAS PARA O NADAL:     Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Adultos Publicado pola Coordinadora EDL  da  comarca de Verín




8 de dec. de 2011


PREMIOS ACADADOS NO CONCURSO 
DE TARXETAS PARA O NADAL


O xurado composto por:

  • Juan Guerra López.              Director do IES "Xesús Taboada Chivite"
  • Javier Díaz García.               Xefe do Departamento de Plástica e Debuxo.
  • Victor Rodríguez Romero.  Profesor de Plástica e Debuxo.
  • Carmen Rivero Gallego.      Coordinadora Equipo Dinamización da Lingua Galega.

Acordaron conceder 0s seguintes premios:
  • 1º Premio:
Ivana  Rivera Acosta  -1º ESO D

  • Tarxetas finalistas :

María Pérez Fernández.    
                                                             

Tamén resultaron finalistas os traballos de: