Durante estas semanas na Biblioteca fixeron a exposición do proxecto documental integrado "O viño na comarca de Monterrei" e tiveros talleres de aromas, sabores, cor...coordinados polos departamentos de ciencias e física e química.
http://bibliochivite.blogia.com/
Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
12 de xuño de 2014
11 de xuño de 2014
SAÍDA AO RÍO TÁMEGA
O pasado venres, día 6 de xuño, un grupo de alumnos de 1º de Bacharelato (A e B), acompañados de tres profesores, realizaron unha saída ao río Tamega para analizar a calidade das súas augas en distintos tramos do río.
Os parámetros físico-químicos valorados foron: pH, temperatura, turbidez, dureza, concentración de nitratos e nitritos, así como a presenza de macroinvertebrados (perlas, efímeras...).
Algunhas das determinacións realízaronse in situ e outras no laboratorio do instituto.
Esta actividade foi organizada polo departamento de Física e Química en colaboración co de Bioloxía e Xeoloxía.
5 de xuño de 2014
PREMIOS INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O proxecto "Formulando a dinamización en rede", presentado polo noso IES xunto cos CEIP Amaro Refojo e Princesa de España, foi seleccionado como excelente na convocataria de proxectos de innovación en dinamización lingüísitica. Moitas grazas a todos os que colaborastes na súa realización.
http://www.edu.xunta.es/web/node/12638
http://www.edu.xunta.es/web/node/12638
2 de xuño de 2014
CIENCIA QUE CONTA PUBLICA OS MELLORES RELATOS
Os mellores relatos de ciencia que conta foron publicados nun libro: http://www. cienciaqueconta.com/wp- content/uploads/2014/05/ CienciaQueConta2013.pdf
Entre eles están os dos noso alumnado. Ademais do relato gañador de Lucía, tamén aparecen os dos finalistas (a partir da páxina 63: "Os mellores relatos de bacharelato"): Andrea Barreal, Marta Canado, Alejandra Franco e Gonzalo Lope-Garnica.
Entre eles están os dos noso alumnado. Ademais do relato gañador de Lucía, tamén aparecen os dos finalistas (a partir da páxina 63: "Os mellores relatos de bacharelato"): Andrea Barreal, Marta Canado, Alejandra Franco e Gonzalo Lope-Garnica.
30 de maio de 2014
28 de maio de 2014
RECOLLIDA PREMIO MINERVA
Fotos da recollida do premio Minerva pola alumna de 1º de Bacharelato Ana María Añel
27 de maio de 2014
SOLO E RECURSOS MINERAIS
A semana pasada, tres alumnos de 1º de Bacharelato B realizaron unha exposición sobre o solo: Ana Justo, Ismael Lamas e Ana Vázquez. Para representar o perfil do solo, utilizaron unha torta.Así describiron a experiencia:
"Para realizar unha pequena parte da nosa exposición de ciencias do mundo contemporáneo sobre o solo decidimos apoiarnos sobre un pequeno experimento: unha torta.
A nosa idea inicial era con rochas, varios tipos de terra e herba realizar unha maqueta máis real dos horizontes que conforman o solo, pero tras varios intentos o resultado non nos convenceu e decidimos cambiar a idea. A Ismael ocorréuselle que podíamos realizar unha torta de forma que se distinguisen varias capas nesta.
Para comezar mercamos todos os ingredientes. Para realizar os horizontes C e D, conformados por rochas, usamos galletas María mergulladas en leite como base da torta. Para realizar o horizonte B, dunha cor marrón clara compramos un biscoito e dividímolo en tres partes para meterlle nata por dentro, para que o sabor fose máis doce. Para o horizonte A, de cor marrón escuro, compramos biscoito de chocolate, e tamén o dividimos en tres partes salvo que nesta ocasión untámoslle crema de cacao. E por último para representar o horizonte O bañamos a torta en xarope de chocolate e puxémoslle flores de adorno e algúns debuxos.
O resultado do experimento a parte de delicioso foi magnífico! "
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
