10 de feb. de 2015

QUERE EN GALEGO

Quizá che soe a sorpresa recibir noticias miñas, ou poida que ata nunca chegues a saber da existencia destas liñas: o temor sempre me gaña o pulso. Pero non por iso vou deixar pasar a oportunidade de viaxar a aqueles pasados días que pasamos xuntos; a aquel verán, con cheiro a salitre e follas secas como recordo, con antigos álbumes de fotos como único recordo.
Onte, vin a lúa reflectirse sobre o lago onde adoitabamos bañarnos, e os grillos que fixeron de orquesta para os nosos encontros nocturnos. Vino, escoiteino, e recordei moitas cousas que me acariñaron como tímidos raios de sol que tanto me gustan. Así, descubrín o moito que me gustaba o teu suave pelo, e de como o añoraba. Tamén me gustaba demasiado o teu sorriso, tanto, que afacía perfilala sobre páxinas en branco. Enchín cadernos, cartafois, armarios; co único tesouro do teu sorriso plasmado nelas. Tamén me gustaban os teus ollos, ligeramente rasgados, da cor do trigo estival que tanto me gustaba. Cando rías, oh, cando rías! O meu mundo iluminábase completamente, e o seu doce son acompañábame como unha nana todas as noites. Tamén recordo como afacía perderme entre os lunares das túas costas, buscando a Orión, ou á grandísima Osa Maior, e ás veces, en segredo, sentíame astronauta cando viaxaba contigo á lúa. E as túas mans, malditas sexan as túas mans! Encaixaban perfectamente coas miñas, pequenas en comparación coas dúas estrelas do ceo que para min eran as túas; e por iso, e pola gran tolemia que teño, aspiraba a coller esas estrelas coas miñas mans. Agora podes ver que me encantaba todo de ti, todo, dun xeito demasiado grande; tiña sentimentos que non me entraban no peito, como bandadas de paxaros que pugnaban por saír libres da súa gaiola. E eu quería, xúrocho, quería deixalos saír e ver como voaban aos teus brazos, para atopar un fogar sobre o seu peito. Pero tiña medo, moito medo; a non ter alí, na impecable textura da túa pel, un fogar para acollerme a min. Agora seino, sei demasiado ben que tiñas unha habitación para min, amueblada e decorada para acollernos aos dous, e que se quedou baleira, esnaquizada, afundida. Puiden coller as chaves para entrar nela, pero deslizáronse sobre a palma da miña man, rabuñando con saña a miña pel, e deixaron feridas que xa non sei si poderanse curar.
Ana Manso de 3º ESO C


Ti? Si, ti. A ver, eu non creo moito nestas merdas de San Valentín, pero parecinme un bo pretexto para escribirche. E velaquí o meu problema, non son bo escribindo e probablemente noutras moitas cousas tampouco, pero algo que si se me dá ben é saber que es preciosa, e recordalo todos os días.

Sería moi atrevido dicir que me gusta todo de ti?

Estou convencido que a maioría das decisións que tomei na miña vida, son boas, e ti es unha delas. Pero a pesar de que ás veces me fas os días un pouco duros, os días non serían días sen ti

Gonzalo García de 3º ESO A

9 de feb. de 2015

QUERÉMONOS EN GALEGO

“E ti, qué sabes do amor?”
Eu sabíao a el de memoria.
Aínda que o intentaba non podía.

Recorrendo cada unha das súas curvas, pensando en subir de marcha e pé dereito a fondo. Derrapando en cada unha das súas xa memorizadas curvas.
Que hai amores de vertixe, e ao descender, el e mais eu, e a adrenalina recorrendo o noso corpo. E que tiña prohibidas certas cousas, pero a el gustáballe saltarse as regras e pasarse do límite de velocidade; pé no acelerador e para adiante.
E así tornámonos en tolos buscando vernos a deshora, no sitio, á hora e coa escusa de sempre para fuxir baixo a choiva ao noso recuncho.
E despois de todo, para min amor es ti.
AM.

3 de feb. de 2015

QUERE EN GALEGO

O 14 de febreiro xa está aquí e no noso IES querémonos en galego. No taboleiro do EDLG estamos a colgar as declaracións de amor adicadas en galego polo noso alumnado
Nos próximos días iremos actualizando este blog con novas mostras do bonito que é quererse en galego




PERIFERIA DE IOLANDA ZÚÑIGA

Iolanda Zúñiga, nada en Vigo o 12 de febreiro de 1975
É a escritora de Periferia, polo cal gañou, en 2010, o Premio Xeral de novela. En 2011, por este mesmo libro, foi finalista do Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria.

Este libro cóntanos a historia de Luciana, unha rapaza de Sâo Paulo que se introduce no narcotráfico para axudar a súa nai. Loita por non ser coma os demais, por seguir lúcida, polo que decide deixar de ser Luciana e converterse en Simeone. Máis tarde coñecerá a Brown, un dos bandidos máis famosos das rúas de Sâo Paulo. Luciana e Brown vivirán unha complicada e intensa historia de amor. Non serán os protagonistas das típicas aventuras simples e amorosas, senón que intentarán sobrevivir neste mundo globalizado, violento, desordenado e perigoso.
Cada unha das historias parece individual, pero todas gardan unha perigosa relación que acontece nos suburbios dunha gran cidade, que parece que nunca descansa.
Conseguirá Luciana axudar a súa nai?  Quen é realmente Brown? Que sucederá con eles? Lograran sobrevivir aos suburbios?Haberá un final feliz?
Persoalmente recomendo moitísimo ler esta novela, sei que os temas que trata non son os típicos aos que estamos acostumados, pero as súas historias son moi realistas e conseguen que vexamos como de dura pode ser a vida para alguén que viva nos suburbios, que do único que teña que preocuparse sexa por saber se vivirá un día máis ou o que ten que chegar a facer alguén para poder comer ou comprar medicamentos. Ás veces está ben darse conta de que ás veces non todo e ficción, sobre todo na periferia.
 Andrea Pérez Rivas.  1ºA BAC.

2 de feb. de 2015

DÍA DA PAZ. É A GUERRA

O grupo de teatro ofreceunos unha marabillosa representación para conmemorar o Día Da Paz. Parabéns aos organizadores e aos rapaces que participastes





Ana Salgado de 3º ESO C resúmea así:
"A obra de teatro que foi representada o pasado venres é unha parodia sobre a guerra e está dividida en seis escenas.
Na primeira escena aparecen unhas enfermeiras presentando a obra e facendo un discurso entre todas elas.
A segunda escena desenrolase nun cuartel durante unha noite de garda na que aparecen catro soldados , os cales non recordan o contrasinal pero encontraron un sobre onde a parecía o contrasinal desde día , xa que tódolos días o cambiaban, pero de repente aparece o capitán pedíndollo , e cando llo din o capitán di que que é incorrecto xa que son máis das doce da noite polo tanto o contrasinal cambiou.
Na terceira escena volven aparecer as enfermeiras facendo outra parodia sobre a guerra.
A cuarta escena componse de catro soldados feridos pola guerra que vas ser premiados por unha medalla cada un , onde contan as causas polas que están feridos e ao final os catro soldados e o capitán van ao cine , xa que non querían quedarse ao discurso das medallas.
A quinta escena é a da borracheira, na que o día anterior o capitán estivera borracho e non recordaba nada, entón o soldado que estaba de garda apuntou no parte que o capitán chegara nese estado e o capitán botoulle a bronca por por iso xa que non recordaba nada.
A última escena é un episodio no campo de batalla onde se explica  que hai dous exércitos , primeiro preséntanse e os capitáns dan un discurso e a continuación din que ataquen e de repente sae un soldado que quere sacarse unha foto co inimigo e así o fan todos , ao rematar os capitáns din de novo que ataquen pero non disparan un exército contra o outro senón que lles disparan a eles.

E por último volven repetir esta ultima escena pero non lles disparan aos capitáns si non que disparan contra o público caramelos."