16 de xuño de 2016

INSPIRACIENCIA 2016

Iria Rúa de 1º de BAC a foi seleccionada como finalista do concurso inspiraciencia na modalidade relato xoven en galego. Parabéns.
http://www.inspiraciencia.es/…/ga…/mozo/501-a-movida-sen-fin

14 de xuño de 2016

DIETAS DO MUNDO

Os alumnos de 3º ESO, na materia de Bioloxía e Xeoloxía e os de 1º BAC, na materia de Anatomía aplicada, analizaron as dietas de distintos países do mundo.
Traballaron en grupos de dúas ou tres persoas. Cada grupo escolleu un país e construiu unha pirámide de base cadrada, na que debía aparecer a seguinte información en cada cara:
- 1ª cara: Datos do país: mapa, orientación, extensión, poboación, taxa de natalidade, taxa de mortandade, esperanza de vida, clima, biomas, recursos naturais e riscos.
- 2ª cara: Menú cos pratos típicos de cada país ordenados como primeiro prato, segundo prato ou sobremesa.
- 3ª cara: Selección dun prato típico: ingredientes, elaboración, época do ano na que se consume e orde (primeiro, segundo prato ou sobremesa)
- 4ª cara: Beneficios e prexuizos do prato típico escollido sobre a saúde.

Todas as fotos aquí

RESEÑA DAS OBRAS A ESTANQUERA E A CASA DE BERNARDA ALBA

Reseñas Obras de Teatro. A estanquera e a casa de Bernarda Alba


Cesar Fernandez Lopez de 3ESO A.

7 de xuño de 2016

O FENÓMENO DA OSMOSE NA PATACA

María Paradela Alonso e Iria Rúa Vázquez de 1º BAC B deseñaron un experimento para comprobar o fenómeno de osmose en células vivas de pataca.

6 de xuño de 2016

FOTOSÍNTESE E RESPIRACIÓN CELULAR POR HAMZ FOTHOLLAH

Debuxos de Hamza Fothollah de 1º de ESO sobre como imaxina el os procesos de fotosíntese e de respiración celular, que teñen lugar nos cloroplastos e nas mitocondrias respectivamente

31 de maio de 2016

GRUPO DE TEATRO

O pasado xoves, 19 de maio, 21 alumnos do grupo de teatro "A Tecedora de Soños" do Xesús Taboada Chivite xunto coas dúas profesoras directoras do grupo viaxamos ata Valongo (Oporto) onde participamos no festival de teatro escolar "Teatrando".

A nosa viaxe comezou o xoves a eso das catro da tarde cando cargamos o autobús e puxémonos en marcha. Iamos moi ilusionados e a mesma vez nerviosos. Ao chegar descargamos todo o atrezo no teatro donde actuaríamos ao día seguinte e puxémonos rumbo a onde durmimos. Logo de deixar todo preparado fumos a onde ceamos e esa mesma noite asistimos ao espectáculo que estaba organizado.

Ao día seguinte levantámonos, almorzamos e leváronnos a coñecer o pobo e a súa historia, visitamos unha fábrica de lousas coa visita a unha mina a ceo aberto e unha fábrica de galletas. Despois de comer fomos ao teatro e estivemos toda a tarde ensaiando ata a hora da función. Para a nosa sorpresa alí apareceu Marita (profesora de galego), Isa (profesora de inglés) e Dani (profesor de Grego), que nos veu a gravar (pódelo ver en facebook), fans nº 1 do grupo.

Os dous seguintes días realizamos unha clase de teatro cun actor portugués, Jorge Neto, con quen estivemos facendo diferentes tarefas de interpretación, relaxación... Tras rematar a clase con Jorge, os organizadores do grupo entregáronnos a cada participante do festival un diploma de participación e visualizamos o video-resumo do festival
Toda unha gran experiencia na que nos levamos todo tipo de emocións





28 de maio de 2016