
Fai xa tres anos que estou no grupo de teatro “A Tecedora de Soños” e a
verdade, non teño ningunha queixa . Aprendín moito sobre interpretación ,
ademais coñecín a persoas marabillosas.
As miñas primeiras obras no grupo foron “Anfitrión”, “A casa de Bernarda
Alba” e “A estanqueira da praza da Merced”.
No meu segundo ano fixemos “Lisístrata” e “Cadros de humor ao fresco”.
Este ano, os da miña xeración de tecedores, debutamos no drama con
“Historia dunha escaleira” e con monólogos de moita profundidade,
que deixaron pegada na literatura e no cine. Finalizamos a tempada coa
comedia “As rás e o Sol”.Tampouco podo esquecer a nosa participación
na gala de teatro de Verín, que celebramos no Auditorio da vila e na que
actuamos non só para os coñecidos do colexio e a familia, senón para
todo Verín. A nivel individual, dicir que estes proxectos axudáronme a
vencer a timidez e a soltarme máis á hora de actuar.
Tamén influíu que nas primeiras obras actuei cun rapaz co que xa tiña
confianza, pois é o meu amigo. A parte, escolléronme para un
campamento de artes escénicas, dirixido por Rubén Riós no meu 2º ano.
Por último, quero recomendar a todos a que se apunten a actividades ou
grupos como estes, xa que deste xeito vencerán os seus medos escénicos,
como fixen eu, e aprenderán a ser responsables.
Miguel Quintas Parada (alumno de 3º ESO)