24 de feb. de 2019

VII CONCURSO FOTOGRÁFICO ENTROIDO DE VERÍN: "FOTONTROIDO 2019"

Se eres alumno do IES Xesús Taboada Chivite participa no concurso de fotos "FOTONTROIDO 2019".
O tema a retratar é "O Entroido".
Gañadora Fotontroido 2018: "Legado de Paixón". Uxía Álvarez Nieves.
    Cada alumno enviará unha fotografía acompañada dun lema en galego relacionado coa imaxe,  xunto cos propios datos (nome, apelidos, curso e grupo) a concursoentroidoverín@gmail.com
    A organización poderá rexeitar fotografías ou textos que considere ofensivos ou inapropiados.

    A organización fará unha exposición coas fotografías e textos enviados no blog: http://normacigarron.blogspot.com.es/

    O prazo de admisión de imaxes é desde o 25 de febreiro ata o 11 de marzo de 2019. Que non se che pase!

    Podedes consultar as bases do concurso premendo na seguinte LIGAZÓN

    21 de feb. de 2019

    UNIDADE DIDÁCTICA "CANTARES GALLEGOS" DE CRISTINA CORRAL SOILÁN.


    Aproxímase o Día de Rosalía e queremos darvos a coñecer a unidade didáctica sobre os poemas de “Cantares gallegos”, realizada pola escritora e xornalista Cristina Corral Soilán, que foi profesora no noso centro.
    Podedes acceder a unidade didáctica premendo na seguinte LIGAZÓN

    19 de feb. de 2019

    9ª EDICIÓN DO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI 2019

    9ª Edición do Festival audiovisual escolar Olloboi terá lugar o venres 10 de maio. Podedes concursar con calquera traballo de videacreación que proceda do mundo escolar, con temática libre e duración preferiblemente inferior ós 20 minutos. Aceptarase un máximo de 8 pezas por centro. A data límite para presentar traballos será o 30 de abril.
    Podedes consultar as bases deste concurso premendo na seguinte LIGAZÓN

    14 de feb. de 2019

    O DÍA 8 DE MARZO, NO IES XESÚS TABOADA CHIVITE...


    LINGUA DE NAMORAR 2019

    Lingua de namorar é un certame en liña de mensaxes de amor en lingua galega convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos, o obxectivo principal destes premios é dinamizar o uso da lingua galega entre a xente nova nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
    Tes ata o 28 de febreiro para enviar ata dúas mensaxes de amor inéditas, cunha extensión máxima de 350 caracteres, en verso ou en prosa.
    Podes consultar as bases do concurso premendo na seguinte LIGAZÓN

    13 de feb. de 2019

    RALLY SEN FRONTEIRAS 2019

    As datas de realización das probas da edición do 2019 do Rally científico e matemático sen fronteiras son: o 12 de marzo para a proba en centros e o 5 de abril para a final galega na Facultade de Química de Santiago. Superfinal, en Toulouse, o 10 de maio.
    Se estás en 1º, 2º ou 3º da ESO, anima a sete compañeiros da clase e ao teu profesor de Matemáticas a participar.
    Se cursas 4º da ESO, podes elixir entre dúas modalidades: Matemáticas ou Ciencias. Fala cos  teus profes de Bioloxía e Xeoloxía, de Física e Química ou de Matemáticas, convence a sete compañeiros da clase e facede a inscrición.
    Podedes consultar as bases do concurso e que o voso profesor faga a inscrición, premendo na seguinte LIGAZÓN

    12 de feb. de 2019

    III PREMIOS YOUTUBEIR@S



    Os premios Youtubeir@s teñen como finalidade ser acicate da creación e difusión de vídeos de opinión e videotitoriais en galego. Procuran a súa promoción e visibilización a través da Rede así como o recoñecemento daqueles de maior creatividade, calidade técnica, eficiencia comunicativa e calidade lingüística.
    Podes consultar as bases do concurso, o xurado, así como a forma de incribirse, premendo na seguinte LIGAZÓN