28 de abr. de 2020

PERSONAXES DE CADROS FAMOSOS CONFINADOS NAS CASAS DO ALUMNADO DE DEBUXO ARTÍSTICO


Os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, que cursan Debuxo Artístico, coordinados pola súa profesora Tatiana Otero, escolleron algúns personaxes de cadros famosos e confináronos en espazos baleiros das súas  casas.
Que marabilla! Canta creatividade!

26 de abr. de 2020

"PADLET" CON REFLEXIÓNS DA CORENTENA DO ALUMNADO DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX (2º BAC)

Hecho con Padlet
Deixámosvos un "padlet" coas reflexións sobre este período de corentena dalgúns alumnos de 2º BAC A, B e C, algún por certo, moi emotivo e poético.

"CORONAVIRUS: UN BECHIÑO VIAXEIRO AO QUE LLE GUSTA ESPAÑA E ITALIA", CONTO DE INÉS PEDROSA DE 2º BAC C



Inés Pedrosa Pérez de 2º BAC C escribiu un conto dun bechiño viaxeiro, chamado Coronavirus ao que lle gusta moito España e Italia. Nel sinala cal é o mellor xeito de protexernos para que non entre no noso corpo. Ademais, proponlles aos máis cativos da casa, un xogo moi divertido para que non esquezan lavar moitas veces as mans con auga e xabón ao longo do día.
Bo traballo Inés!!!

OS SONS DO MONTE

Imaxe do profesor Javier Rodríguez.

A primavera xa chegou e con ela os paseos, xa que a partir de hoxe todos os nenos e nenas menores de 14 anos podedes saír unha hora, necesitamos que nos acerquedes  o monte a todo o alumnado gravando un son da natureza para aquel alumnado que queda na casa. Esta actividade está incluída dentro do proxecto "O Monte Vivo".

Contamos coa vosa colaboración!!!

Cando teñades gravados os audios podedes enviarllos a dirección de correo electrónico da vosa profesora de Lingua Galega ou a ofiadeirodalingua@gmail.com


24 de abr. de 2020

ENREGUÉIFATE 2020!

Desde o 23 de marzo ata o 29 de maio está aberto o prazo para participar na IV edición do certame de regueifas en vídeo Enreguéifate.

Neste vídeo aparecen conselliños para regueifar na corentena!
Para consultar as bases premede nesta LIGAZÓN

23 de abr. de 2020

CASO CLÍNICO TDHA



Sheila Prieto Estévez , alumna de 1º BAC A,  analiza na súa presentación o caso clínico dun paciente ficticio de oito anos que padece TDHA.
O seu informe inclúe o historial clínico do paciente, unha entrevista persoal, as probas realizadas, o diagnóstico, o tratamento, a evolución e a webgrafía.
Podedes ver o excepcional traballo realizado por Sheila premendo nesta LIGAZÓN

DÍA DO LIBRO 2020 EN CONFINAMENTO


A Biblioteca do IES Taboada Chivite conmemora este Día do Libro en confinamento cunhas recomendacións que varios profes fan dende a súa casa. Hai moita variedade nos libros que nos animan a ler.... Así que, seguro que algunha das "ideas lectoras" que nos dan é axeitada para vós.
Nestes longos días na casa, ( que asumimos coa certeza de que chegaremos a no porto 💪✌️) que mellor que un libro para viaxar, trasladarnos a outros espazos e, sobre todo, aprender, crecer.
GRAZAS á Biblioteca do IES Taboada Chivite.