27 de nov. de 2020

PREMIADOS NO CONCURSO IMAXES PARA PENSAR, PENSAR EN IMAXES

 

Os premiados no concurso "Imaxes para pensar, pensar en imaxes", organizado polo Departamento de Filosofía, foron: Rubén Álvarez de 1º BAC A, Miguel Quintas de 2º BAC A e Marta Gil de 4º ESO C.

Parabéns!!!

26 de nov. de 2020

ENTREVISTA A ISABEL ALONSO, "FENÓMENA" DO RURAL,SUPERAVOA DE OÍMBRA

 


Entrevista a Isabel Alonso, "fenómena" do rural, superavoa de Oímbra.

Moitísimas grazas por ternos concedido esta entrevista.

Toda unha lección de vida.

24 de nov. de 2020

DESCUBRIUSE O BURATO MÁIS PRÓXIMO AO SISTEMA SOLAR QUE SE PODE VER DESDE A TERRA

 


Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO A

    Un equipo de astrónomos do Observatorio Europeo do Sur e outros institutos descubriron un buraco negro "a só" 1.000 anos luz da Terra. O obxecto está máis preto do noso sistema solar que calquera outro do seu tipo localizado ata a data e forma parte dun sistema triple que se pode observar a simple vista.

  Os científicos afirman que este sistema podería ser a punta do iceberg, xa que se poderían atopar moitos buratos negros similares no futuro.

  Situado na constelación de Telescopium, o sistema está tan preto de nós que as súas estrelas poden verse desde o hemisferio sur nunha noite escura e sen nubes sen binoculares nin telescopio.

  O equipo estaba a ver inicialmente un sistema planetario como parte dun estudo sobre estrelas binarias. Non obstante, ao analizar as súas observacións, sorprendéronse ao detectar un terceiro corpo que non se descubrira previamente: un burato negro.



PROGRAMA 5 RADIOCHIVITE

 

Quinto programa de Radio Chivite, a radio do IES Xesús Taboada Chivite, en Verín (Ourense).

Neste programa poderemos escoitar as seguintes seccións:

- Novas chivitianas: información sobre as actividades do noso centro, presentadas por Paula Gago e David Salgado (4º ESO - A). Inclúe a canción Penélope, de Joan Manuel Serrat, adaptada ao galego, e interpretada por Paula Gago, acompañada ao teclado por David Rodríguez Rivada.

- As nosas entrevistas:

* David Salgado entrevista a Claudia Cid, xornalista e antiga alumna do Chivite.

* Paula Gago entrevista a Olga Novo, poeta de Vilarmao, na Pobra do Brollón (Lugo), recentemente galardoada co Premio Nacional de Poesía do Ministerio de Cultura.

- Bibliochivite: Maite González e Rebeca Ares actualizan toda a información da nosa biblioteca.

* Libros Vivos: recomendacións literarias de interese. Hoxe a equipa da biblioteca recomenda o ensaio Sapiens de Yuval Noah Harari, e a novela gráfica Subnormal de Fernando Llor e Miguel Porto.


Música orixinal: Ico / Marcos Payno

- "Mariatxis trance", de Joan Garriga i El Mariatxi Galàctic

- "The Odyssey With Choir", de Grégoire Lourme

- "Inspiring Powerful Motivational Trailer", de Colorofmusic

- "Ballad for piano", de Pavel Kraskoff

- "A Moment", de Infraction

LOGO PARA O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Este logo foi deseñado polo alumnado de Plástica do profesor Javier Diaz.

V CONCURSO ESCOLAR DE CREACIÓN ARTÍSTICA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 

As mulleres foron e son vitais no mundo da ciencia.
Que descubrimentos científicos fixeron Hipatia de Alejandría, Bárbara McClintock, Rosalind Franklind, Jane Goodald, Jocelyn Bell, Lisa Meitner...?
En que campo da ciencia traballan as seguintes mulleres: Mara Dierssen, Margarita Salas, María Blasco, Sonia Villapol Salgado, Ana Mª Prieto, Nubia Muñoz, Vanesa Valdeiglesias García, Sonia Villapol Salgado, Alicia Estévez Toranzo, Gloria Revilla López...,  que cos seus traballos de investigación contribúen a mellorar as nosas vidas?.
Hai  algunha muller científica na comarca de Verín ? E na túa familia?
Indaga sobre o tema e anímate a participar no concurso sobre "As Mulleres e a Ciencia" organizado pola Universidade de Vigo.
Para consultar as bases, preme na seguinte LIGAZÓN

22 de nov. de 2020

NADAL SOLIDARIO NO CHIVITE

 

Este ano, a recollida de alimentos para Cáritas Verín, levarémola a cabo con algúns cambios para garantir a seguridade.

Co fin de evitar que os produtos estean no centro moito tempo o que podería ser un estorbo para a limpeza, só se poderán traer alimentos e xoguetes os luns de cada semana, e deixarédelos na porta pola que accededes ao centro:

A que está a carón do pavillón, a da zona da mesa de pimpón e a porta principal. Haberá unhas caixas para deixar o que traiades. Cada luns levarase a Cáritas o  recollido no día.

A recollida comezará o luns 30 de novembro e continuará o 14 e o 21 de decembro.

Sexamos xenerosos e fagamos que este Nadal ninguén quede sen poder celebrar.