4 de nov. de 2011


        4 de novembro - Día da Ciencia en Galego

       Para  poñer en valor o uso do galego no ámbito científico e contribuír a promover a investigación desenvolvida na nosa lingua a Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística  propúxonos esta videoconferencia do investigador galego: Ánxel Carracedo, vía web, para escolares de secundaria.


      Ángel Carracedo  mediante videoconferencia deu unha clase maxistral  no IES Xesús Taboada Chivite a alumnos de 4º Eso e 1º Bacharelato sobre:  "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial". Esta experiencia resultou do máis interesante.

Fotos da videoconferencia.ofiadeirodalingua

Agradecer a inestimable colaboración do Departamento de Ciencias, Vicedirección e profesores asistentes á conferencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario