19 de maio de 2014

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS

O día 12 de maio viñeron dous homes da Cruz Vermella a impartir un obradoiro sobre os primeiros auxilios, para que saibamos actuar nos casos de emerxencia.
Primeiro comezaron falando sobre a estratexia de actuación ante un accidente: o PAS: Protexer, verificar que tanto o accidentado coma nós mesmos esteamos fóra de perigo. Avisar, dar aviso aos servizos sanitarios (112, 061…), respondendo ás preguntas que nos fagan, indicando o lugar do accidente, número de feridos… E por último socorrer, unha vez que protexemos e avisamos, procedemos a avaliar o estado do lesionado, observando o estado de consciencia, a respiración, o pulso e a existencia de hemorraxias.
Despois, avisáronos do que non se debe facer, como por exemplo: medícalo, mover ao lesionado de sitio…
Ao acabar de facer iso, dixéronos que temos que, valorar o estado de consciencia: se responde aos nosos estímulos, fala…, está consciente. Se a vítima non responde, indica que está inconsciente. Neste caso dixéronos que pediramos axuda, sen abandoar ao lesionado, e o seguinte paso é comprobar se respira: sentindo ou escoitando como sae o aire ou fixándonos no ascenso e descenso do tórax. Se respira, valoramos o pulso e se non respira hai que realizar a maniobra de “apertura das vías aéreas” movéndolle suavemente a cabeza para atrás. Se realizando esta maniobra, xa respira, dixéronos que o temos que por na Posición Lateral de Seguridade (P.L.S), pero se non respira, temos que comezar inmediatamente coa respiración artificial mediante: o boca a boca, realizándolle ao lesionado 30 compresións, colocando as mans no peito, a unha velocidade de 100 compresións por minuto, e 2 insuflacións, tapándolle primeiro o nariz; ou o boca a boca-nariz, para aos lactantes, realizándolle 15 compresións, con dous dedos para non romperlle ningún óso, e 5 insuflacións, abarcando ca nosa boca o seu nariz e a súa boca.
Por último, avisáronos que é moi importante que para realizarle a Masaxe Cardíaca Externa o lesionado estea nunha superficie dura e plana; que antes de facerlle o boca a boca ou boca a boca-nariz revisar a boca para revisar si ten algún obxecto e si é así quitarllo co dedo índice en forma de anzol, e recomendáronos que puxéramos no móbil un “Aa” antes das persoas que queiramos avisar no caso de que nos pasara algo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario