Así a primeira vista, non son estas palabras que levanten fascinación e interés. Mais no fondo a cuestión non deixa de perder importancia, e este argumento empregouno ao comezo da exposición a anteriormente citada eminencia leiteira.
O sector dos alimentos hoxe en día, está a padecer unha gran presión dende escalafóns inferiores no complexo sistema de abastecemento humano.Por conseguinte, como calibrar na situación presente a balanza global, que a un lado sostén o medio ambiente e ao outro 7000 millóns de persoas que precisan alimentarse? A resposta atópase na investigación, e a iso é ao que se adica a Aula de Produtos Lácteos.
Este centro que cada ano rexistra máis de cen contratos con múltiples e coñecidas empresas (Río, Chuf, Asturiana…) atesora catro obxectivos. A formación, a asesoría e control de calidade, o I+D no sector lácteo e o suministro de información dende plataformas sociais.
Para Juan Méndez Dónega, a empresa contén uns principios de traballo indispensables e segundo di, exclusivos. Para resumilo emprega a alegoría moi común no mundo da moda do Flash / Cash / Dash.
Que supón cada termo nesta expresión tan vangardista?
O flash comprende as Investigación e Innovacións. As novas tecnologías xúntanse co consumo para dar a luz unha idea nun producto que se leva producindo dende sempre do mesmo modo. É dicir, reconstruír ou remodelar o vello adaptándoio aos novos tempos.
O cash fai referencia ao deleitoso son da caixa pechándose e axitando as pelas (diso tampouco se esquecen os nosos amigos, todo sexa pola ciencia). Quero que o meu producto chegue ao mercado e sexa o predilecto dos consumidores.
No dash vemos que a dinámica da empresa supón soster os proxectos cos productos, e isto a súa vez nos servicios tecnolóxicos.
Por último, Juan Méndez recordounos cales son os valores nos que descansa o seu traballo: coñecemento, confidencialidade, presuposto axustado, rapidez e servicialización.
Posteriormente, Jaime Magdalena Vera falounos sobre as posibilidades actuais das enxeñerias agroalimentarias no mercado e isto aplicado a súa experiencia persoal no oficio.
Na hora vespertina, os mesmos protagonistas continuaron estas xornadas sobre A conservación do medio natural patrocinadas pola oficina de Turismo galega na Casa da Cultura de Verín. O éxito non foi o esperado, tan só seis persoas asistiron ao evento.
Recapitulando e como conclusión, debemos recoñecer moderadamente a labor dos expertos na materia agroalimentaria. Quizais non semelle útil ou interesante a súa ocupación, pero nunha perspectiva máis crítica e obxectiva , é a xente que pon sabor a nosa vida.
Miguel Franco Álvarez e Tania Prieto Vilariño.
Son Iria Prieto Domínguez de 1º de BACH B.
ResponderEliminarA miña opinión sobre esta conferencia ten dúas partes:
Por unha parte, pareceume interesante xa que nos informou de como se traballa na industria láctea e como se desenvolve o produto dende a súa invención ata a súa comercialización. Ademais, tamén nos informaron sobre como é traballar nesta industria e as oportunidades que nos ofrece, pero o máis importante que nos dixeron foi que traballaramos no que nos gustara.
Por outra parte, non me pareceu unha conferencia para a sinatura de bioloxía, xa que non se falou moito sobre os compoñentes dos produtos lácteos ou sobre o que lle engaden para a súa conservación ou para outras propiedades. Aínda por esta razón, non me pareceu unha hora desaproveitada, sempre se aprende algo de toda conferencia, sexa do tema que sexa.
Son David Santiago Rivas de 1º de BACH B. Quería facer unha reseña:
ResponderEliminarNa conferencia falábase de que este sector non deixa de perder importancia. A resposta atópase na investigación. A Aula de Produtos Lácteos á que se dedican os expertos que impartiron a charla rexistra múltiples contratos con empresas coñecidas (Río, Asturiana…). É destacable de que tratan de fomentar a eminencia láctea a través de plataformas sociais como Facebook.
Por último recordaron cales eran os seus valores como traballadores, e destacaba claramente que para dedicarte niso, tes que estar interesado e ten que ser algo que che chame a atención. Adircarte a algo sen motivación pode ser insoportable.
Considero que fixeron un gran traballo á hora de expór a innovación no sector lácteo, mostrando moitas fotos e facendo máis amena a conferencia. Era moi visual, pero o problema é que entraban en temas demasiado técnicos, e sempre unha exposición é máis interesante se non está cargada de información, cinguíndose no básico. Tamén deberían recalcar a participación por parte do público, facendo máis preguntas ou dirixíndose máis a el.
De todos modos, parece ser un tema interesante para a xente que lle chame a atención este sector.
Este comentario foi eliminado polo autor.
EliminarMoitas grazas Santiago. Moi construtivo a túa análise
EliminarChámome Verónica López e son alunma de 1ºB de Bacharelato, e gustaríame comentar brevemente o que me pareceu a conferencia do pasado venres.
ResponderEliminarAo comezo, cando se explicou que era e en qué consistía o sector de produtos lácteos, pensei que a conferencia en sí lles ía servir de moita axuda a todas aquelas persoas que no seu futuro se queiran dedicar a algo relacionado con eso. Tamén me pareceu moi interesante cando Jaime Magdalena nos contou a súa experiencia na Universidade e o bó que é estudar algo que che gusta.
Por outra parte, para as persoas que non teñen pensado estudar eso, como é meu caso, sérvelles para coñecer datos e informarse sobre como sería traballar nesa industria, polo tanto, pareceume unha hora, en parte, de aprendizaxe.
E por último, gustaríame dicir que o deseño da conferencia foi para min o adecuado, no que entra a forma de falar e expresarse, as diapositvas e as fotos... O que si lles recomendaría é que tivesen unha toma máis de contacto cos xóvenes, sobre todo para todos aqueles que lles interesase o tema da industria e se desenvolvesen máis libremente e sen vergoña.
Un saúdo.
Son Sandra Maia alumna de 1° de Bacharelato B e gustariame comentar brevemente a miña opinión sobre a conferencia.
ResponderEliminarPor unha parte pareceume interesante para todos os que estábamos ali presentes, e sobre todo, para todos aqueles que queiran dedicarse a iso.
Mostraronnos todo o relacionado ca industria e os productos que facian eles.
En xeral foi unha hora moi aproveitada xa que sempre é de agrado aprender novas cousas e ver todas as posibilidades que teriamos nese ámbito.
Gustoume a forma de presentar esa conferencia con moitas imaxes xa que faciaa moita mais amena. E tamen que nos dixeran o moito que satisface facer unha carreira que nos guste en lugar dunha mellor e que non sexa noso soño.
En definitiva pareceume moi interesante o tema da industria xa que nolo fixeron ver dende outro punto de vista.
Un saúdo
Son Ana García, de 1B de Bacharelato. Para min a conferencia que os alumnos de bioloxía vimos o pasado venres pareceume bastante interesante e moi inovadora. Un sector lácteo, o que moitos consideramos artesanal e monótono ten unha parte innovadora que pode axudar a facer rexurdir un sector estancado. Ser diferentes ao resto pode marcar o éxito. A investigación que leva a cabo a Aula de Productos Lácteos da Universidade de Santiago fai posible a gran variedade de productos que atopamos nos estantes de calquera supermercado.
ResponderEliminarPareceume unha charla moi amena e interesante xa que nos fixo ver un perfil da industria láctea que moitos de nós descoñeciamos. Ao salir da conferencia tiven unha cousa clara, se traballas no que che gusta con ganas podes ter o éxito asegurado.
Son Ángela Lamas, alumna de 1B de Bacharelato. Gustaríame facer un comentario acerca desta actividade proposta polo centro fai unhas semanas.
ResponderEliminarDende o meu punto de vista asistimos a unha charla construtiva, que nos servíu para ampliar o noso coñecemento, sobre un tema do que non temos por costume debatir nin recibir moita información: A Industria Láctea. Ademais disto, tamén contribuíu a incentivar o noso carácter emprendedor cara o futuro, ou mesmo a nosa inclinación profesional cara a dedicación a este tipo de industria. Por outra banda, encontramos amena a conferencia, debido a que os ponentes non adoitaron unha postura distante cara os oíntes, senón que a amenizaron, despertando o noso interese polo que estaban a falar. Dito isto, gustoume persoalmente e fíxome ampliar os meus coñecementos, sobre un campo case deserto para min.