Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
17 de nov. de 2014
KUMBARIKIRA
Os nenos de Santa Rita de Castilla, capital da zona de Parinari, no distrito de Loreto, en Perú, piden ó presidente do seu país que non se siga a contaminar o seu río, o Marañón, que sofre verquidos de petróleo de compañías que operan a carón del e estragan o medio ambiente nesa zona da amazonía peruana.
Este é o enlace ó blog Santa Rita de Castilla, onde se fala do verquido de petróleo nese territorio, onde vive o grupo indígena Kukama:
Este grupo indíxena ten como lingua propia o Kukama, una lingua con cada vez menos falantes. O uso do kukama, para que non se perda, é reivindicado neste vídeo:
Queremos achegarmos ós nenos e nenas kukama e apoialos nas súas loitas (medioambiental e lingüística) Por iso imos gravar un vídeo no que, como eles, rapeamos na nosa lingua propia e ademais cantamos o estribillo en Kukama que eles empregan na súa canción (Kumbarikira). Isabel Cota está a coordinar a actividade.
Participa alumnado de 1º, 3º e 4º ESO e 1º Bacharelato.
A continuación podedes ler información que nos mandan dende Perú;
A ESCOLA IKUARI: PARA A RECOPILACION DE MEMORIAS E A ENSINANZA DA LINGUA KUKAMA.
Se é difícil establecer o número de persoas kukama, o grao de dificultade non diminúe ó tratar de saber cantas persoas falan kukama. Por ser un idioma minoritario en Perú e por pertencer a un grupo indíxena ten que enfrentar o estigma da discriminación. Por iso segue a ser no extenso territorio da amazonía un idioma falado en segredo, situación que a proposta comunicacional de Radio UCAMARA dende a Escola IKUARI e o Colexio Nuestra Señora de Loreto intenta axudar a superar principalmente no Distrito de Nauta. Nos últimos anos houbo unha revalorización importante e xa existen algúns colectivos que non teñen medo nin vergoña de falalo en público. Gran parte da memoria dos nosos pobos recupérase coa visibilización da lingua. A viabilidade do kukama dependerá en grande medida de se as novas xeracións se interesan por el.
A escola IKUARI abriuse en agosto de 2012. Realiza as súas actividades de ensino da lingua Kukama en dúas modalidades: canto e narración. As persoas que ensinan nesta escola non convencional son os propios falantes de kuakama, que tamén participan na radio con dous programas exclusivamente en lingua Kukama “Kukamakana katupi” (Os Kukama aparecen). Neles recóllense memorias sobre a vida dos Kukama que despois son empregadas nas clases. Produto desta experiencia é o vídeoclip KUMBARIKIRA (con forte impacto a nivel nacional) e o que estamos a lanzar, UPUPURIKA.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario