O libro
que eu elixín para a proba oral de galego foi este, Bágoa de Lúa, un libro de
orixe galega, que conforma o primeiro tomo da triloxía “As crónicas de Landereina”. A súa autora é Sabela González, que naceu e viviu
en Vigo, e xa dende pequena soubo sempre que quería ser escritora; polo tanto,
no seu blog “Gramática de Corpos”, comezou a subir pequenos textos, que lle
granxearon un cúmulo de admiradores que a animaron a converter o seu soño en
realidade. Así, ós 34 anos de idade, publicou o seu primeiro libro, que é este.
A
verdade, é que o escollín en parte porque xa coñecía un pouco del, e da súa
autora: algunha que outra vez visitara o seu blog, e alí lera algunha das
noticias que ela ia colgando sobre o seu futuro libro; xa daquela chamou a miña
atención, e a pesar de que me esquecín un pouquiño del, volveu caer nas miñas
mans grazas a un concurso literario. Tamén me animei a lelo pola súa portada,
algo moi básico para min, xa que preciso que a portada do libro me transmita
algo, ou que polo menos sexa desas que din: ¡Ei, esquí estou! Pode que esta non
sexa una gran marabilla, pero en comparación caos libros que estou acostumada,
significaba un pequeno cambio, así como me producía curiosidade o feito de ver
na miña andel aquel libro de cor escura entre tanta cor clariña.
Bágoa de
Lúa, é un libro fantástico, que nos sitúa nun reino máxico chamado Landereina, onde
conviven personaxes máxicos, e personaxes non tan máxicos: sereas, ananos,
elfos, amazonas… A protagonista da historia é Berenguela, unha nena de 14 anos,
que vive nunha pequena praia perdida do mundo, xunto coa mellor amiga da súa
nai, Cátaba, e o seu marido, Bunm. Así, unha noite, tras volver do feirón da
cidade veciña, atópanse cunha nena da idade de Berenguela nos chanzos da súa
casa; ela, ven da Tríade Amazona, onde vive a nai da protagonista. A chegada
desta nena, así coma das noticias que trae con ela, impulsarán aos catro
protagonistas nunha viaxe por descubrir quen son en realidade, e que a
escuridade que azouta Landereina, non os pille no camiño.
A
verdade é que o libro gustoume moito, tiña unha expectativas moi altas con el
polo seu xénero, xa que é o meu favorito, e porque non coñecía ningún libro
desta temática en galego. Pese a todo, o libro encantoume e sorprendeume, é una
narración moi lixeira e que se lee nun suspiro, a pesar do largo que parece.
Unha das cousas que máis me gustou foi a maneira que tivo de móstranos cousas
do pasado, dividindo o libro en partes, e dúas delas, baseadas en sucesos de 64
anos atrás. Os personaxes son moi divertidos, e dende o principio conectamos
con eles; o meu favorito é Berenguela, xa que é moi parecida a min en todos os
aspectos, así coma na súa maneira de ser. O que menos, foi a nai de Berenguela,
xa que considero que para ser unha personaxe moi importante, non a coñecemos
moito, por non dicir nada. A pesar diso, é un libro que recomendo completamente
a todos, xa que nos fai gozar, ou iso considero eu, e creo que faite vivir unha
aventura, mergullándonos a nós tamén na historia; e así, podendo vivir tantas
aventuras coma hai neste libro, por qué quedarnos só con unha?
Ana Manso Fernández de 3º ESO C
Ningún comentario:
Publicar un comentario