Na
torre da igrexa de Eiranova acabaron de instalar un reloxo que, na primeira
noite despois da instalación deu 13 badaladas medianoite, porque nas horas en
punto dálle a badalada correspondente. Solo algunhas persoas se deran de conta
dese acontecemento, entre elas Cristina que llo conta aos seus amigos ao día
seguinte no colexio.
A seguinte noite volveuse producir ese mesmo
acontecemento, entón Xes o cura decide chamar ao reloxeiro porque cree que está
escachado. Pero os rapaces non están convencidos de que sexa por iso.
Volveu pasar o mesmo, Cristina encontra un mensaxe en
clave nun libro que os reta a buscar o culpable dese acontecemento.
PERSONAXE
O
personaxe que mais me gustou foi Cristina que foi a primeira en decatarse dese
fenómeno e porque ela animou a descubrir a seus amigos o misterio das badaladas.
OPINIÓN PERSOAL
Gústanme
os libros destes que te fan como participar na historia. Ademais de ser una
lectura bastante entretida e lixeira de ler.
Ten
ilustracións e adiviñas que é coma se ti os tiveses que descubrir. Recomendaríallo
as persoas que lle guste o misterio, porque é coma se estiveses ti resolvendo o
gran misterio.
O
final causoume moitísimo misterio.
Noelia Morais Reis 3º ESO B
Ningún comentario:
Publicar un comentario