Ola amigos!
Hoxe toca facer unha reseña cuxa protagonista
será a dona das reseñas, a profesora de bioloxía Guiomar Vázquez, tamén
coñecida como Biomar.
A nosa Bioprofe asistiu o pasado venres día 29
de maio á graduación dos alumnos de segundo se Bacharelato, ós que ela tamén
lles dera clase. E vaia se deu clase co seu vestido estampado de anxiospermas
violetas, verdes e rosas. Estas cores tan chamativas foron escollidas pola nosa
profesora para que así poidera coitinuar debidamente a polinización, isto é, as
cores chamativas atraen ós distintos insectos para que se poida producir así a
reprodución das plantas.
Guiomar, que podería pasar desapercibida entre
as alumnas e subir ó escenario a recoller o seu diploma, acompañou o vestido
cun bolso de esparto do que colgaban tres borlas de distintas cores a xogo co
seu vestido. Tamén decidiu combinar os zapatos co resto dos complementos, deste
xeito Guiomar lucía uns zapatos violetas cun gran lazo na súa punteira.
Non esqueceu pasar pola perruquería. Para esta
ocasión a nosa mestra decantouse por un alisado integral que rematou cun pequeno
recollido de pinzas na parte traseira da súa cabeza.
En canto á súa face, podemos observar a
delicadeza das cores escollidas para a súa maquillaxe combinadas cuns pendentes longos que colgaban
das súas orellas.
Guiomar… non é por ser pelota… ías guapísima.
Todo hai que dicilo.
Sabela Domínguez e Marta Cid 1º Bach A
Ningún comentario:
Publicar un comentario