O luns 4 de abril tivo lugar no salón
de actos a actuación de alumnos do IES Val do Tea, na que o seu coro
interpretou diversas cancións de películas moi coñecidas, pero todas elas
cantadas en galego. A continuación, sorprenderonnos os rapaces de segundo,
terceiro e cuarto da ESO, tocando a flauta, a batería e a guitarra eléctrica,
interpretando cancións como o “Himno da alegría” ou “Nothing else matters”
entre as máis coñecidas.
Nesta reunión acudimos os
alumnos de cuarto da eso e primeiro de bacharelato coa optativa de música
debido ao pouco aforo dos salón de actos. A pesares da súa duración dunha hora e media foi un
concerto moi entretido e que fixo pasar o tempo moi rápido.
Ánxela Blanco
Ningún comentario:
Publicar un comentario