O pasado xoves 6 de abril,
o alumnado de ciencias de primeiro e segundo de bacharelato asistimos a
unha conferencia que tiña como tema principal a viticultura. Esta ía ser
ofreciada por Julián, profesor de Enxeñería Agrícola na USC, e por
Ángeles, profesora en Xinzo de Limia e colaboradora no doutorado de
Julián.
En primeiro lugar comezou
falando Julián, quen nos fixo una introdución ao mundo vitivinícola. Ao longo
da historia, a viticultura foi cambiando e dende sempre a produción de
viño foi moi importante e foise adaptando as distintas circunstancias
(gustos, lugares, aromas, graduacións...). Ata fai unhos anos, a
produción de viño estaba relegada a un ámbito máis rural e de
autoconsumo, pero co aumento da globalización e o comezo dun incipiente
mundo viticultor, a producción do viño foi aumentando as súas fronteiras e
actualmente consómese mesmo no Xapón e en EEUU. Para adecuarse a este
tipo de mercados hai que realizar estudos deste, coñecer as posibilidades
que che brinda o lugar receptor, innovar en busca dunha mellor calidade
e un montón de etcéteras. A búsqueda de novos mercados acarrea unha
serie de problemas como: os novos destinos implican descubrir, en
ocasión o traballo tense que levar só e eso acarrea dificultades, o
tamaño importa (máis se é máis áxil), é preciso manexar ben a
información, estar vixente ás mudanzas, e a máis importante, necesita
unha boa cantidade de capital.
Tras rematar Julián, foi a
quenda de Ángeles, a quen o tempo se lle botou enriba, xa que é un tema
demasiado longo. Ela falounos sobre a agricultura de precisión e as
técnicas e tecnoloxías empregadas. O mundo vitivinícola comezou a
evolucionar cara o século XIX e acadou o seu máximo explendor no
século XX. Antes de mecanizar una produción hai que realizar un estudo
permenorizado das variables que afectan ao terreos e os cultivos, tendo
en conta a heteroxeneidade espacial dos mesmos e buscar un rendemento
máximo. Para realizar estes estudos sèguense tres pasos: tomar datos,
procesalos e actuar en consecuencia. As vantaxes que aporta a
agricultura mecanizada son varias: traballase a tempo real, mellora a
calidade do produto, predícense riscos como pragas, diminúese o impacto
ambiental, prodúcese un aforro no consume de enerxía,
optimízase o tempo
de traballo e existe un control sobre a trazabilidade. Pero como toda
cousa tamén ten inconvintes debido a que necesita unha elevada inversión
e para a xente maior a tecnoloxía presentalle dificultades. As técnicas
empregadas son varias como o emprego de GPS, SIG, sensores que captan a
cantidade de colorofila, humidade, temperatura, etc.; tamén se empregan
sistemas de teledetección, dispositivos electrónicos, sensores lidar,
redes de comunicación...
Na miña opinión foi unha conferencia bastante interesante xa
que nos introdución a un mundo que aquí no val temos moi presente, pero
que non somos informados o suficiente sobre como funciona e grazas a esto
agora sabemos algo máis do que nos rodea.
Miguel Alves Blanch 2º Bacherelato
Ningún comentario:
Publicar un comentario