Alumnos de 3º ESO e de 1º BAC deseñaron o envase dun produto feito con castañas.
Primeiro elixiron un produto (marmelada, crema, mousse, cervexa, paté, galletas,
fariña, licor...) elaborado con castañas. A continuación inventaron un nome e fixeron
unha etiqueta na que aparecesen os seguintes datos: data de envasado,
caducidade, forma de conservación, ingredientes e información nutricional). Por
último deseñaron e montaron un envase con diferentes materiais. Completaron o
seu traballo escribindo no envase un texto breve, que incitase a compralo ou a
consumilo. Estes envases están expostos na entrada do centro e ao lado da sala de profesores do segundo andar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario