Que len pouco os cativos e cativas de agora?!?! Serán outros, porque os
nosos, os do Chivite, rillan, devoran os libros, coma se dunha larpeirada ben
doce se tratase. E entre os máis rillados, temos os de Ledicia Costas, unha
autora galega que os apaixona. Será porque fala de intrépidos defuntos ou de
mulleres que se converten en planta? Eu que sei! O caso é que causa furor entre
a nosa pequena mocidade! É por iso que decidimos traela ó cole, e que ela mesma
lles contase como crea estas historias tan engaiolantes. Os nosos rapaces e
rapazas foron felices escoitando esta autora tan amena e espontánea, e
ela...moi contentiña marchou!, posto que lle deron moitos agasallos, e algún
ben gorentosos (ai, quen dera rillar, non só nos libros, senón tamén na bica de
Laza que levou).
Grazas Ledicia por vires
descubrirnos como se enxendra unha historia, e como se trae ó mundo, un parto
nada fácil!
Ningún comentario:
Publicar un comentario