Algúns alumnos e alumnas de 1°ESO
do IES Xesús Taboada Chivite, concienciados co acoso escolar,quixeron erguer a
súa voz contra este gran problema. Foi así como naceu a canción "Estamos
contigo", coa que quixeron transmitir que a vítima do maltrato sempre
conta con axuda se denuncia o problema. Ademais, animan a todo o alumnado a non
ser cómplice do acoso,porque o silencio dos compañeir@s, covarde e cómplice,
tamén é un xeito de acosar.
Agradecen tamén a colaboración
do noso vicedirector, Eduardo Cabido, que xenerosamente quixo colaborar na
elaboración do guión.
"ESTAMOS
CONTIGO"
Ningún comentario:
Publicar un comentario