No curso que remata, co gallo da súa inminente xubilación, despedímonos do noso compañeiro Aníbal Barreira: un home discreto, humilde, cordial, traballador e moi querido e lembrado por tódolos seus alumnos.
Amante da historia, Mestre con tódalas letras da palabra e no seu significado primixenio (do latín "magister"), pecha unha etapa adicada ó seu ensino, e deixa unha pegada imborrable en compañeiros e alumnos, non só pola súa cercanía, amabilidade, profesionalidade, senón tamén pola paixón que transmite ó alumnado.
É un home entusiasta do mundo antigo, e un profundo coñecedor do mesmo. Tras formar moitas xeracións de alumnos nesta materia tan importante e necesaria, no momento presente máis ca nunca, tras encher as aulas do Chivite coa súa serenidade e humanidade, tras regalarnos cada día o mellor dos seus sorrisos, a súa colaboración honesta e desinteresada en calquera asunto que se lle plantexase, comeza unha nova vida como persoa xubilada.
Ensinounos que o ensino é unha laboura cooperativa na que todos temos un papel.
Os seus alumnos e exalumnos sempre falan del cunha mestura de afecto e admiración, e os seus compañeiros só temos para el palabras de gratitude.

Feliz xubilación, Aníbal
Ningún comentario:
Publicar un comentario