12 de feb. de 2020

UXÍA RÚA NÓVOA GAÑADORA DO CONCURSO "A MULLER E A NENA NA CIENCIA" NA MODALIDADE DE REDACCIÓN

"O satélite máis importante é a muller"(debuxo de Alicia Atasanova, 3º ESO B)

A alumna de 3º ESO C,  Uxía Rúa Nóvoa gañou o primeiro premio do IV Concurso de Debuxo e Redacción do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, na modalidade de redacción, organizado pola Universidade de Vigo, co relato: "A miña bisavoa". Parabéns Uxía!!!

Hoxe día 12 de febreiro acudiu ao Campus de Ourense, acompañada da súa familia, ao acto de entrega de premios.

Podedes ler o seu relato premendo na seguinte LIGAZÓN

Ademais, outros nove alumnos e alumnas do centro de 2º e 3º ESO tamén participaron neste concurso, cos seus debuxos e redaccións. Son os seguintes: Alba Álvarez Alonso, Estela Fernández Teixeira, Marta Gil Pérez, Lucía Boó Domínguez, Ainhoa Diéguez Rodríguez, Alba Prieto, Iria Fernández Borrajo, Alicia Atasanova e Carla Blanco.

Podedes ver os traballos deste alumnado premendo na seguinte LIGAZÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario