Este ano, moitas das actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega terán como fío condutor o tema da vellez, dos nosos maiores e o seu rol esencial na nosa sociedade.
O alumnado de 3º ESO PMAR fixo un vídeo moi curto que leva por título “O que foi”.
Nel, a vellez aparece tinxida de melancolía e nostalxia, de señardade dun mundo que foi, o mundo da aldea, que os maiores coñeceron na súa nenez e xuventude e que está esmorecendo.
Invitámosvos a gravar outras curtas que reflexionen sobre a vellez, aínda que desde outras perspectivas: o envellecemento activo, a sabedoría dos anciáns e a súa importancia na nosa sociedade…
Podedes enviar as vosas curtas ao e-mail : ofiadeirodalingua@gmail.com. Todas elas serán proxectadas na pantalla que está no vestíbulo do noso centro e publicadas no Facebook e no blog do Fiadeiro da Lingua.
Se entrades no blog desde o móbil premede na seguinte ligazón para poder ver o vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=pi4DzHszhVY&feature=youtu.be
Ningún comentario:
Publicar un comentario