"A filosofía ten o poder de
cambiar o mundo, pois está
dotada desa capacidade de
transformarnos,dando maior
peso ás nosas indignacións ante a inxustiza
(...),máis
convicción para defender a dignidade
humana"
Irina Bokova, Directora Xeral da
UNESCO
O vindeiro xoves 19
de novembro celébrase o Día Mundial da Filosofía, establecido pola UNESCO, e
desde o Departamento de Filosofía do IES Xesús Taboada Chivite, propóñenvos a seguinte actividade para
todo o alumnado do noso centro.
Imaxes para pensar, Pensar en imaxes
OPCIÓN A
Elección dun
aforismo, idea, frase, reflexión ou concepto dalgún filósofo ou filósofa (como,
por exemplo, os seleccionados máis abaixo).
Posteriormente,
débese buscar unha imaxe que ilustre, explique ou aclare o sentido da frase. A
imaxe pode ser unha fotografía realizada polo propio alumnado, ou ben buscada a
través de Internet, ou un collage ou debuxo, así como banda deseñada ou
calquera outro material gráfico que poida ilustrar dita reflexión ou aforismo.
Finalmente, o
alumnado debe escribir un breve texto explicativo sobre a imaxe proposta,
tratando de relacionala co aforismo escollido.
OPCIÓN B (Sería o
proceso inverso)
Elección dunha
imaxe (fotografía, debuxo, banda deseñada, collage), asociala a un aforismo ou
pequeno texto que reflexione sobre iso, cun breve texto explicativo ao
respecto.
NOTA:
A entrega farase
exclusivamente por correo electrónico ao enderezo filosofiachivite@gmail.com, achegando unha fotografía do
traballo final, co nome do alumno/a nela. A data tope será o venres 13
de novembro.
Todos os traballos
serán proxectados o día 19 na pantalla que está no vestíbulo do noso centro e
publicados no Facebook e no blog do departamento de dinamización da lingua
galega, o Fiadeiro da Lingua.
Esta actividade
incluirase como práctica e valorarase como tal nas materias de Filosofía de 4º ESO e 1º de BAC.
Ademais, haberá 3
premios para os traballos máis interesantes.
ANÍMATE A
PARTICIPAR!!!
——————————————
EXEMPLOS DE
AFORISMOS
"Aínda que
todas as posibles preguntas da ciencia recibisen resposta, nin sequera rozarían
os verdadeiros problemas da nosa vida" (L. Wittgenstein).
"Os monos son
demasiado bos como para que o ser humano poda descender deles"
(F. Nietzsche).
"Vivir sen
filosofar é, propiamente, ter os ollos pechados, sen tratar de abrilos
xamais"
(R. Descartes).
"Os filósofos
limitáronse a interpretar o mundo de distintos modos; do que se trata é de
transformalo" (K. Marx).
"Sapere aude" = "Atrévete a
saber" (I. Kant).
"Eu son eu e
as miñas circunstancias" (J. Ortega y Gasset).
"A liberdade
está en ser donos da propia vida” (Platón)
“Filosófico é o
preguntar e poético o achado” (M. Zambrano)
“A actividade máis
importante que un ser humano pode lograr é aprender para entender, porque
entender é ser libre” (B. Spinoza)
“O propósito da
educación é amosar á xente como aprender por si mesmos. O outro concepto da
educación é adoutrinamento” (N. Chomsky)
“A filosofía, desde
as súas orixes, é algo que non pode funcionar como obediencia ao poder. Apoiar
a orde, non criticar o existente, é unha negación da filosofía” (A. Badiou)
“O problema da muller sempre foi un
problema de homes” (S. de Beauvoir)
“A liberdade é algo
marabilloso, pero non cando hai que pagar por ela o prezo da soedade” (B.
Russell)
Ningún comentario:
Publicar un comentario