Dende Radio Chivite xa nolo están anunciando!!!!
II Certame de Relato Curto en Igualdade Lonxa Literaria - Concello de Moaña
Animádevos a participar!
Inscripcións:
Ata o 05/11/2021
24:00 h.
Requisitos:
- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade, sempre e cando os relatos teñan unha temática relacionada coa igualdade de oportunidades ou con calquera temática que poña o seu acento na visibilización da discapacidade, ou que o seu fío condutor sexa claramente o mundo da diversidade funcional ou sexual.
- Os relatos terán unha extensión máxima de 3.000 caracteres con espazos. Serán realizados obrigatoriamente en lingua galega. Deberán presentarse en formato DIN A4, mecanografados a dobre espazo, corpo de letra 12 e encabezados polo título ou lema. Os textos terán que ser orixinais, inéditos e non premiados en calquera outro tipo de concurso.
- As persoas que participen poderán presentar até un máximo de 3 relatos.
- Os orixinais enviaranse porcorreo electrónico a: igualdade@concellodemoana.org.
Remuneración / Coste:
Establécese unha única categoría cun premio de 300 euros.
https://www.coruna.gal/informacionjuvenil/es/convocatorias/concursos-y-premios/detalle-concursos/ii-certame-de-relato-curto-en-igualdade-lonxa-literaria-concello-de-moana/suceso/1453774232293?argIdioma=es
Ningún comentario:
Publicar un comentario