Despedímonos do Samaín ata o ano vindeiro cun xogo artellado dende o departamento de galego con Inma e César: Busca o Samaín na Biblio;
onde o alumnado, a través dunhas pistas, tiña que atopar as respostas a
unhas preguntas xa marcadas, pescudando entre libros relacionados coa
festa como: Cando petan na porta pola noite, Historias que ninguén cre, Escarlatina a cociñeira defunta, Contos de terror... O alumnado de 2ºESO foron os participantes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario