Con estas tardes solleiras mesmo apetece camiñar un pouco...Animádevos a facer o roteiro do Pozo do demo que nos propoñen Irene Quintas , Celia Feijóo e Widad de 2ºC |
DISTANCIA: 9,66 km
DIFICULTADE: media
TIPO DE RUTA: circular
ALTITUDE MÁXIMA: 563 m
TEMPO PROMEDIO: 2 h 40 min
DESCRICIÓN DO ROTEIRO
O sendeiro do Pozo do Demo localízase no concello de Verín e transcorre por outras aldeas como Vilardevós e As Vendas. Neste sendeiro lévase a cabo cada ano unha andaina e unha carreira.
A ruta principal ten unha distancia de 11,3 km máis 2,5 km para facela circular. Ademáis pódense realizar varios camiños alternativos para acurtar o sendeiro a gusto persoal. O inicio márcase no camiño de Infistela, cara o sureste de Verín, a partir de ahí encóntrase sinalizado. Nun tramo da ruta, pasamos polo manancial de Cabreiroá, tras cruzar a autoestrada A-52. A parte máis importante desta ruta é chegar á Gorxa do Pozo do Demo, onde atopamos varias fervenzas e moita vexetación.
INTERESE CULTURAL E PATRIMONIAL
Nun
tramo da ruta atopámonos cunha rocha cun burato con forma
rectangular. Isto usábase antigamente para aplastar as uvas, un lagar rupestre.
Podemos atopar carballos, castiñeiros, piñeiros… E fauna como coellos, xabarís, corzas e moitos tipos de aves. Tamén hai un xacemento romano, que é moi difícil encontralo pola vexetación e porque non da moita información sobre el.
OPINIÓN PERSOAL
A nós parécenos unha ruta moi bonita, entretida, recomendámosvos facela cos vosos amigos ou familia:)
Ningún comentario:
Publicar un comentario