O venres 19 de
xaneiro os alumnos de 1ºBAC fomos de excursión a Vigo cos profesores de
galego.
Pola mañá, nada máis
chegar a Vigo visitamos o Museo da Batalla de Rande. Alí, explicáronnos como no
s.XVIII España enfrontárase, coa axuda de Francia, a Inglaterra e Países
Baixos. Vimos un vídeo no que se nos explicaba como España resistiu todo o que
puido con máis de 20 barcos atrapados na ría de Rande, acabando, por mala
fortuna, derrotados. Así, observamos os restos recuperados daquela frota.
Despois de rematar a
visita a este museo, fomos a Vigo cidade onde nos deixaron liberdade para ir a
comer e dar un paseo. Xa pola tarde chegamos ao Museo do Mar, onde está exposto o
Pergamiño Vindel. Alí explicáronnos cousas daquela época para rematar
explicándonos todas as características do Pergamiño, como, por exemplo, que se
encontrou formando parte da cuberta dun libro en Madrid por un Vindel. Tamén
nos explicaron que Martín Codax (o pergamiño está firmado por este nome)
posiblemente fora una muller firmando coma un home (pola situación da muller
naquela época), debido a que eran cantigas onde se expuña o punto de vista da
muller cando o seu namorado (“amigo”) desaparece por diversas razón.
Nese mesmo lugar
tamén puidemos entrar nun acuario e noutra parte do museo con máis cousas da
época. Finalmente, volvimos a Verín contentos pero cansados.
César Fernández Lamas 1ºBAC A
Ningún comentario:
Publicar un comentario