29 de set. de 2020

O QUE FOI

Este ano, moitas das actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega terán como fío condutor o tema da vellez, dos nosos maiores e o seu rol esencial na nosa sociedade.

O alumnado de 3º ESO PMAR fixo un vídeo moi curto que leva por título “O que foi”.

Nel, a vellez aparece tinxida de melancolía e nostalxia, de señardade dun mundo que foi, o mundo da aldea, que os maiores coñeceron na súa nenez e xuventude e que está esmorecendo.
Invitámosvos a gravar outras curtas que reflexionen sobre a vellez, aínda que desde outras perspectivas: o envellecemento activo, a sabedoría dos anciáns e a súa importancia na nosa sociedade…
Podedes enviar as vosas curtas ao e-mail : ofiadeirodalingua@gmail.com. Todas elas serán proxectadas na pantalla que está no vestíbulo do noso centro e publicadas no Facebook e no blog do Fiadeiro da Lingua.
Se entrades no blog desde o móbil premede na seguinte ligazón para poder ver o vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=pi4DzHszhVY&feature=youtu.be


O ALCOL NA PUBLICIDADE

Magnífico traballo realizado polo alumnado de 1º ESO do IES Xesús Taboada Chivite o curso pasado, co seu profesor de ITI, Iago Rodríguez, dentro do Plan Proxecta "Ceda o vaso". Nel analizan o contido de varios anuncios sobre bebidas alcólicas e invítannos a míralos con ollo crítico.

18 de set. de 2020

CONCURSO FOTOGRÁFICO "CHEGANDO A ÍTACA"

 

Se eres alumno ou alumna do Chivite, anímate a participar no concurso de imaxes "Chegando a Ítaca", cuxo obxectivo é que amoses nas túas imaxes o papel activo e indipensable dos avós na nosa sociedade.

Podes fotografiar rostros, ollos, perfís, mans ou situacións nas que se reflicta o envellecemento activo.

O título deste concurso está inspirado no poema do  grego Kavafis, "Ítaca", cuxos versos finais son:

Aínda que a aches pobre, Ítaca non te enganou.

Así, sabio como te volviches, con tanta experiencia,

 entenderás xa que significan as Ítacas.

Cada alumno/a poderá presentar un máximo de tres fotografías. Cada imaxe irá acompañada dun título, da data de realización e dunha breve reflexión explicativa en verso ou en prosa sobre como a foto representa o tema do concurso.

As imaxes enviaranse en formato dixital a: ofiadeirodalingua@gmail.com. Na mensaxe indicarase o nome do autor/a e o curso.

Podes consultar as bases premendo na seguinte LIGAZÓN

Tes ata o 31 de outubro para participar. Que non se che pase!

1 de xul. de 2020

REVISTA FAÍSCAS 2020


Desfrutade coa lectura de Faíscas, a revista do noso centro!.
Grazas, Javier Diaz, polo deseño, a maquetación e a edición da mesma.
Para lela, premede na seguinte LIGAZÓN

25 de xuño de 2020

CIENCIA NA CASA: A VISTA


Con esta experiencia, Judith García Pereira de 1º BAC A, indícanos como podemos determinar a distancia focal media e identificar cal é o noso ollo dominante. Ademais, explícanos mediante exemplos en que consiste a percepción visual.
Para visualizar esta práctica, preme nesta LIGAZÓN

CIENCIA NA COCIÑA: DESNATURALIZANDO PROTEÍNAS.


Nesta práctica, o obxectivo da alumna de 1º BAC, Sheila Prieto Estévez, foi observar a desnaturalización que sofren as proteínas da clara do ovo e do leite ao engadirlles alcol ou ácidos respectivamente.
Para visualizar a súa presentación, preme na seguinte LIGAZÓN

13 de xuño de 2020

A GRAN AMIZADE ENTRE UNHA ZAPATILLA E UN CALCETÍN



Hyba Karym e Lúa Rodríguez, dúas pequenas de 1º ESO, quixeron pórlle voz a un calcetín e a un zapato, porque...quen che di a ti que aínda que non os oiamos estes obxectos non poidan chegar a falar??? Pois non imaxinas a de cousas que poden dicirse. Para comprobalo, le e escoita este singular diálogo. 
Se desde o móbil tedes problemas para ver o vídeo, premede na seguinte LIGAZÓN