25 de nov. de 2021


 Rematamos as actividades contra a Violencia de xénero, e a favor das relacións de bo trato. Grazas por todo o voso traballo!

 

 

23 de nov. de 2021

Volve este ano o VI Concurso escolar de creación artística do Día internacional da nena e da muller na ciencia, convocado pola Universidade de Vigo. Dende o Departamento de Física e Química,  animaranvos a vos presentar no nivel de 2ºESO e 3ªESO, coa profe Nuria Trigueros, ánimo!!

 


 

22 de nov. de 2021

 Como cada ano dicímoslle NON á VIOLENCIA DE XÉNERO!! Dende o departamento de inglés, o de tecnoloxía, o de galego ou o de Física e Química, traballáronse as relacións tóxicas e as de bo trato. 








19 de nov. de 2021

Despedímonos do Samaín ata o ano vindeiro cun xogo artellado dende o departamento de galego con Inma e César: Busca o Samaín na Biblio; onde o alumnado, a través dunhas pistas, tiña que atopar as respostas a unhas preguntas xa marcadas, pescudando entre libros relacionados coa festa como: Cando petan na porta pola noite, Historias que ninguén cre, Escarlatina a cociñeira defunta, Contos de terror... O alumnado de 2ºESO foron os participantes!
 

 




18 de nov. de 2021





Xa temos a sección de Mitoloxía en maaaaarcha na RadioChivite!!! Os nosos afoutos locutores: Ricardo, Iago e Brais de 2ºESO A, faláronnos do deus Larouco, da Pena muller e A casa das neves, no segundo programa poderemos escoitalos. 

 

 

 

 
 

 


16 de nov. de 2021

 Seguen chegando as vosas recollidas da vendima, desta vez de Aarón Salgueiro e Miguel Pañeda, pero desta ides ter que vela no noso Facebook:

 https://www.facebook.com/ofiadeirodalingua/?ref=pages_you_manage

 

12 de nov. de 2021



 Aínda nos queda algo de Samaín por amosar!!!Os debuxos que temos onda o mural do alumnado 1º e 2º Bac. representando bodegóns ó estilo do pintor Zurbarán do alumnado, comandados polo profe de EPeV Javier Díaz (quen nos fixo este vídeo).