Como muller ou nena, a calquera de nós, a calquera muller lle podería pasar, hoxe ou mañá, e por iso persoalmente moitas veces entendo os medos das nais a deixar soa a unha filla ou eses tipos de medos que non hai no caso dun fillo. Creo que o que vimos hoxe debería velo todo o mundo e que todos axudaramos no que se puidera a parar isto.
Katia Vidal de 3 ESO C
O visionado do documental _Chicas Nuevas 24 Horas_, como parte das actividades do IES X. Taboada Chivite no marco da conmemoración do _Día Internacional contra a Violencia de Xénero_, fíxonos reflexionar sobre a trata de mulleres e as actuacións que podemos realizar para erradicala. Ante situacións de inxustiza como esa, o alumnado de 3°A non dudou en unir as súas mans como símbolo de apoio á loita contra todo tipo de maltrato baixo o lema #NinUnhaMenos
Helga
Neste documental escoitamos e vimos coma aínda hoxe en día na nosa sociedade moderna aínda existe a escravitude. Miles de rapazas, guapas, pobres, moitas veces sen estudos, con situacións sociais complicadas... Todas elas indefensas, son enganadas prometéndolles traballos ben pagados.
ResponderEliminarCando chegan os seus destinos a realidade é moi distinta ,obríganas a prostituírse e se se negan son maltratadas física e psicoloxicamente e moitas veces as matan se xa non serven.
Tamén comentáronnos que a pesar de tratar a esas persoas como escravas, a lei en moitos casos non facía nada e que moitos cidadáns miraban cara outro lado, é dicir, ignoraban a situación desas mulleres como se nos existisen.
Por último España sendo un pais do primeiro mundo é o terceiro con máis explotación sexual.
Beltrán D.R. 3C