Neste primeiro programa, Xabier Álvarez, profesor de Lingua Galega e coordinador desta actividade danos a benvida a este espazo radiofónico e invita a todos os membros da nosa comunidade educativa a colaborar nesta iniciativa para que radioChivite sexa unha radio viva.
Cada programa contará con distintas seccións nas que participarán: a Biblioteca, o EDLG, os distintos departamento didácticos, a dirección, o alumnado e todas as voces que queiran intervir.
Desde o EDLG queremos animarvos a que escoitedes este programa piloto. Só tedes que entrar no "Blog da radioChivite" , cuxa dirección é: https://radiochivite.blogspot.com/ Merece a pena!
A medida que vaian gravando máis programas, iranos subindo. Colaboremos e apoiemos esta iniciativa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario