Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A.
As pedras navegantes, tamén coñecidas como pedras
móbiles, son un fenómeno xeolóxico polo cal as rochas se moven, sen
intervención humana ou animal, e deixan longas trazas.
A razón máis lóxica que encontran os expertos é que son movidas
polo campo magnético que posúe a Terra, pero non está cen por cen confirmado.
Observáronse e estudáronse este tipo
de pegadas en varios sitios, desde o suroeste norteamericano, onde son máis
numerosas, ata o Sahara.
As pedras móvense só cada dous ou tres anos e a maioría
das súas pegadas consérvanse durante tres ou catro anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario