31 de xan. de 2018

A CARETA DE CASCABELA

A Cascabela é un novo personaxe de entroido ideado pola profesora de Filosofía Carmen Burgos. Se queres ver as caretas realizadas polos alumnos de 4º ESO co seu profesor de Plástica Javier Díaz, preme nesta LIGAZÓN.

30 de xan. de 2018

TIRA CÓMICA SOBRE A SAÚDE DO OÍDO

As alumnas de 3º ESO B, Esther Canado, Desiree Barreira e Sheila Alves, deseñaron e realizaron unha tira cómica con audio para unha campaña de prevención da xordeira.




27 de xan. de 2018

EXCURSIÓN A VIGO: MUSEO DA BATALLA DE RANDE E MUSEO DO MAR.






O venres 19 de xaneiro os alumnos de 1ºBAC fomos de excursión a Vigo cos profesores de galego.
Pola mañá, nada máis chegar a Vigo visitamos o Museo da Batalla de Rande. Alí, explicáronnos como no s.XVIII España enfrontárase, coa axuda de Francia, a Inglaterra e Países Baixos. Vimos un vídeo no que se nos explicaba como España resistiu todo o que puido con máis de 20 barcos atrapados na ría de Rande, acabando, por mala fortuna, derrotados. Así, observamos os restos recuperados daquela frota.
Despois de rematar a visita a este museo, fomos a Vigo cidade onde nos deixaron liberdade para ir a comer e dar un paseo. Xa pola tarde chegamos ao Museo do Mar, onde está exposto o Pergamiño Vindel. Alí explicáronnos cousas daquela época para rematar explicándonos todas as características do Pergamiño, como, por exemplo, que se encontrou formando parte da cuberta dun libro en Madrid por un Vindel. Tamén nos explicaron que Martín Codax (o pergamiño está firmado por este nome) posiblemente fora una muller firmando coma un home (pola situación da muller naquela época), debido a que eran cantigas onde se expuña o punto de vista da muller cando o seu namorado (“amigo”) desaparece por diversas razón.
Nese mesmo lugar tamén puidemos entrar nun acuario e noutra parte do museo con máis cousas da época. Finalmente, volvimos a Verín contentos pero cansados.


César Fernández Lamas 1ºBAC A

24 de xan. de 2018

VI CONCURSO FOTOGRÁFICO ENTROIDO DE VERÍN: "FOTONTROIDO 2018"

Xa imos pola sexta edición do concurso fotográfico de Verín "Fotontroido 2018", organizado polos tres institutos de Verín (IES García Barbón, IES Castro de Baronceli e IES Xesús Taboada Chivite). Tes ata o día 19 de febreiro para enviar a túa foto acompañada dun lema en galego.
Anímate a participar!

18 de xan. de 2018

VISITA A CABREIROÁ

     
O día dous de outubro os alumnos e alumnas de 1º ESO tivemos unha mañá coma outra, só que á quinta hora marchamos do instituto rumbo a Cabreiroá. Eu persoalmente esquecérame por completo de que había tal saída e, cando as miñas amigas mo dixeron, quedei abraiada. Por sorte levaba o teléfono na chaqueta así que chamei á casa para que me trouxeran as cousas, xa que facían falta: dous bocadillos, auga, roupa cómoda e unha mochiliña para levalo todo. Miña nai empaquetou todo coma un raio e meu pai, rápido coma o vento, tróuxomo ao instituto xusto antes de que tocara o timbre.
     Como ía dicindo, á quinta hora marchamos camiñando ata Cabreiroá. Eu pensaba ir en autobús e quedei sorprendida; dende que marchamos aínda botamos un bo anaco camiñando ata alí. Protección civil foi con nós.
     Cando chegamos, agrupáronnos por clases para deixar as mochilas nunha área determinada; uns cinco minutos despois fixemos unha carreira de relevos, cada un cos seus compañeiros de clase; por desgraza, o meu equipo non gañou e quedamos en terceiro posto. Seguidamente estivemos xogando aos cazadores, que consiste en que un equipo colócase formando un círculo e outro no centro dese círculo e os xogadores que están formando unha roda collen un balón e intentan darlles aos do medio. Ao acabar este xogo deixáronnos facer o que quixeramos; a maioría optamos polo deporte.
     En Cabreiroá dérannos uns botellíns de auga pero acabáronse moi rápido; tamén foi porque os alumnos comezaron a tirarse auga uns a outros. As miñas amigas e eu pasamos algo de sede; había unha fonte pero o problema era que a auga con gas a ninguna nos gustaba. Polo demais paseino moi ben xa que había escorregadoiros, bambáns,barras para colgarse boca abaixo, barras de equilibrio, etc. Cando volvemos, dous rapaces atopáronse mal e Protección civil tívoos que traer no coche.

                                                                    Alumna: Paula Gago  1º ESO B

                                                                    Profesora: Carmen Trigo

PRACTICANDO COMO FACER UN DIARIO NA AULA, EN QUINCE MINUTOS E SENDO RAFA NADAL

7 de novembro de 2017
     Querido diario: Hoxe foi o último día de preparación… Estou nervioso. Esta mañá a miña irmá chamoume e díxome que Jonny Jonhson gañara seis veces seguidas o premio a mellor xogador dos Estados Unidos e eu soamente fun nominado unha vez, e non, non gañei. Non sei se Ana me dicía iso para poñerme nervioso pero, se é así, conseguiuno. Eu agora vou durmir que mañá é un día moi importante.

8 de novembro de 2017
     Querido diario: Acabo de espertar; son as 07:30. En tres horas teño que estar alí, na pista Peter Darwing, en Boston, xogando contra Jonny Jonhson, o mellor xogador de tenis dos Estados Unidos e aínda por enriba, dóeme a cabeza! Teño que deixar de escribir; voume preparar.
     Son as 11:00. Hai media hora que cheguei á pista e resulta que a limusina de Jonny pinchou e o partido retrásase ata as 12:00 e claro, non ía volver ao hotel, así que estou aquí, na cafetería, tomando un vaso de auga fría.

10 de novembro de 2017
     Querido diario: Escríboche dende o hospital. Fai dous días foi a competición aínda que o último que recordó foi a pelota acercándose á miña cara. ¡PENSO QUE PERDÍN!

                                                                       Alumna: Marta Gil 1º ESO B

                                                               Profesora: Carmen Trigo

LINGUA DE NAMORAR 2018

Está en marcha unha nova edición do concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega "Língua de namorar". Dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos.





Tes de prazo ata o 29 de xaneiro para presentar as túas mensaxes. A partir de aí, abrirase un novo prazo para as votacións, pois as mensaxes gañadoras escolleranse entre as máis votadas.

As mensaxes de amor deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso. A extensión máxima da mensaxe será de 350 caracteres, incluídos os espazos en branco. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.

Para consultar as bases e os premios preme na seguinte LIGAZÓN