O día dous de outubro os alumnos e alumnas de 1º ESO tivemos unha mañá coma outra, só que á quinta hora marchamos do instituto rumbo a Cabreiroá. Eu persoalmente esquecérame por completo de que había tal saída e, cando as miñas amigas mo dixeron, quedei abraiada. Por sorte levaba o teléfono na chaqueta así que chamei á casa para que me trouxeran as cousas, xa que facían falta: dous bocadillos, auga, roupa cómoda e unha mochiliña para levalo todo. Miña nai empaquetou todo coma un raio e meu pai, rápido coma o vento, tróuxomo ao instituto xusto antes de que tocara o timbre.
Como ía dicindo, á
quinta hora marchamos camiñando ata Cabreiroá. Eu pensaba ir en autobús e
quedei sorprendida; dende que marchamos aínda botamos un bo anaco camiñando ata
alí. Protección civil foi con nós.
Cando chegamos,
agrupáronnos por clases para deixar as mochilas nunha área determinada; uns
cinco minutos despois fixemos unha carreira de relevos, cada un cos seus
compañeiros de clase; por desgraza, o meu equipo non gañou e quedamos en
terceiro posto. Seguidamente estivemos xogando aos cazadores, que consiste en
que un equipo colócase formando un círculo e outro no centro dese círculo e os
xogadores que están formando unha roda collen un balón e intentan darlles aos
do medio. Ao acabar este xogo deixáronnos facer o que quixeramos; a maioría
optamos polo deporte.
En Cabreiroá
dérannos uns botellíns de auga pero acabáronse moi rápido; tamén foi porque os
alumnos comezaron a tirarse auga uns a outros. As miñas amigas e eu pasamos
algo de sede; había unha fonte pero o problema era que a auga con gas a ninguna
nos gustaba. Polo demais paseino moi ben xa que había escorregadoiros,
bambáns,barras para colgarse boca abaixo, barras de equilibrio, etc. Cando
volvemos, dous rapaces atopáronse mal e Protección civil tívoos que traer no
coche.
Alumna: Paula Gago 1º ESO B
Profesora: Carmen Trigo
Ningún comentario:
Publicar un comentario