28 de feb. de 2021

PLANTANDO CARA AO LUME


“Plantando cara ó lume” é o título da charla á que asistiu o xoves 25 de febreiro, o alumnado de 4º ESO A e B. 
Beatriz Omil, doutora enxeñeira de Montes e Laura Fariñas, estudante de enxeñería forestal trataron o tema da xestión forestal sostible e os riscos e consecuencias dos incendios forestais. Unha enriquecedora charla que forma parte do programa "A Ponte" entre o ensino medio e a USC e deixa clara a necesidade que temos de plantarlle cara ó lume.
Podedes ver e escoitar a confererencia, premendo nesta LIGAZÓN

CONSERVAS AMORODO

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A.


Situada no pobo pontevedrés de Soutelo de Montes (Forcarei), Amorodo é unha pequena empresa que se adica á elaboración de conservas vexetais ecolóxicas. Os seus provedores proceden doutras partes de Galicia , así como do norte de Portugal , xa que está nunha zona principalmente gandeira.

A súa produción vai parella ás tempadas de cada produto. Así, en inverno elaboran marmeladas de kiwi ou  laranxa, de xaneiro a marzo envasan grelos e no verán producen conservas de xudías , marmeladas de melocotón, peras con albariño ou salsas de tomate. O produto que empregan é  fresco,  procedente de excedentes , o que non implica que sexa de peor calidade, senón que é o que os produtores non conseguiron vender.

 As conservas son elaboradas no momento que chegan ás súas instalacións a materia prima, conseguindo dese xeito que se conserven todas as súas propiedades. Os restos que non utilizan, emprégano como compost natural ou alimento para o gando.

A empresa foi galardoada co premio Bacelo de Prata fai uns anos,  pola calidade das súas elaboracións, por favorecer o mercado de proximidade  e por empregar a lingua galega como valor engadido do produto.

PATACA DE GALICIA

 Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO A.


O produto amparado pola indicación xeográfica protexida, Pataca de Galicia, son tubérculos da especie  Solanum  tuberosum , destinados ao consumo humano que cumpren os requisitos esixidos por este regulamento, polo prego de condicións e pola lexislación vixente.

As patacas deberán ter o aspecto varietal característico. Serán patacas enteiras e exentas de ablacións  ou golpes, sas, limpas e con pel ben formada, firmes e sen xerminar, exentas de defectos externos, manchas, feridas, deformacións  ou coloracións, humidade adecuada e sen sabores ou cheiros estraños.

As características morfolóxicas e a súa cor varían en función da variedade da que se trate.

As primeiras noticias respecto do cultivo da pataca en Galicia proceden de preitos entre pagadores (labregos) e perceptores de impostos: o labrador debía pagar ata o ano 1837.


MEMBROS DE BIBLIOCHIVITE NO GALICIA POR DIANTE CON "POEMAR O MAR" DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

O venres, 26 de febreiro, Javier Salgado (3º ESO B), Oumaima Fatahaallah (2º BAC D) e Maite González (profesora de Inglés e membro do equipo da biblioteca) foron entrevistados no programa Galicia por Diante da Radio Galega, para comentar a participación do Equipo da Biblioteca no programa 21 Días co Galego e +, co libro "Poemar e mar" de Antonio García Teijeiro, así como todas as actividades que se desenvolven en prol do galego.

Se premedes nesta LIGAZÓN, a partir do minuto 11 podedes escoitar a participación do noso centro no Galicia por Diante.



25 de feb. de 2021

CÓNTAME MÁIS...CONCURSO DA ANPA PARA ESO E BACHARELATO

 


A ANPA do noso instituto súmase a iniciativa de potenciar a nosa lingua e tradición cultural a través deste concurso de curiosidades sobre Galicia. A que esperades para participar?

A CARNE TENREIRA GALEGA

 Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO A

A carne amparada pola IGP Tenreira Galega presenta unhas características sensoriais específicas e excepcionais, como consecuencia de que procede de animais novos, principalmente da raza Loura Galega e os seus cruces, cunha alimentación tradicional de máxima calidade; leite materno, forraxes, concentrados de orixe exclusivamente vexetal; e polo peculiar manexo e sistema de produción dos gandeiros galegos.
  A carne de Tenreira Galega varía dunha cor rosa clara, no caso de tenreira, ata un vermello suave. Ao corte presenta un aspecto  magro, de consistencia firme, lixeiramente húmido e brillante, con graxa de cor branca  nacarado e suaves  irisacións amareladas, distribuída  homoxeneamente. A súa textura é suave e con músculo de gran fino.


É unha carne que destaca polo seu intenso e agradable sabor, cunha extraordinaria  terneza,  xugosidade e  suculencia. En definitiva, Tenreira Galega, e sobre todo Tenreira Galega Suprema, é unha carne para padais exquisitos e esixentes, que buscan sensacións únicas e especiais nunha carne de vacún.
 
Propiedades.
A carne de vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta sa e equilibrada, destacando polo seu elevado contido  proteico.
As proteínas cárnicas son de moi alta  dixestibilidade e gran valor biolóxico, xa que achegan  aminoácidos esenciais que son necesarios para funcións como o crecemento e reparación dos tecidos do noso organismo.
É rica en vitaminas B: a  tiamina e  riboflavina son necesarias para un bo funcionamento do sistema nervioso; a  niacina axuda ao mantemento do crecemento orgánico; a  B5 e a  B6 no metabolismo dos  carbohidratos e proteínas; e a  B12 na produción de  hematíes.
En os minerais, destaca o seu alto contido en fósforo, que estimula o desenvolvemento intelectual e que xunto co calcio son necesarios na formación de ósos e dentes. Tamén ten  magnesio que é necesario para o funcionamento orgánico así como ferro para evitar as anemias.


ENCONTRO DÍGOCHOEU 21 DÍAS.

Hoxe timevos no IES Taboada Chivite a inmensa sorte de poder contactar con Esther Estévez, Carlos Amado e Rocío Pérez, artífices do marabilloso proxecto "DígochoEu", que está a conseguir que o noso alumnado "conecte" co galego ou lle colla aínda más agarimo. Moitísimas GRAZAS polo voso inmenso labor a prol da nosa lingua e pola interesantísima e entretidísima videoconferencia de hoxe. Pasámolo xeniaaal!!!

Achegamos o vídeo que compartimos con eles, que reflicte a grande pegada que deixou Esther Estévez Casado no IES Taboada Chivite, do que foi alumna. A súa implicación no noso centro, o seu talento xa anunciaban o que ía vir despois...

Podedes ver o vídeo premendo na seguinte LIGAZÓN